"Gádor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Na Idade Media, persoa que arrendaba ou alugaba algún ben

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lavadoiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tranquiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo terrestre, acuático ou anfibio, que se mantén separado da superficie sobre a que se despraza mediante un colchón de aire, producido polo mesmo vehículo, que reduce as forzas de frición. O seu desprazamento conséguese normalmente con hélices aéreas, aínda que tamén foron empregadas outras formas como a propulsión de reacción, hélices mariñas e rodas ou motores eléctricos lineais, como no caso do aeroescorregador guiado ou aerotrén. O aeroescorregador ten unha grande adaptabilidade e converteuse no vehículo anfibio por excelencia. A separación do aeroescorregador da superficie (terra, auga, raíl) pode ser desde algúns milímetros ata tres metros ou incluso máis. Os deseñadores do Hovercraft -primeiro modelo comercial do aeroescorregador (SR-N1, 1959)- puxeron a pauta para os modelos SR-N5 e SR-N6 e o sistema de chorro periférico, que consiste na creación dun recinto anular na periferia do vehículo por onde se inxecta aire a presión. Con este sistema poden sustentarse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen afaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen afoga.

    2. Colar curto que empregaban as mulleres a principios do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alonga.

    2. Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.

    3. Peza que, colocada entre outras dúas ou nun extremo, serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da persoa que ofrece ou adquire calquera elemento en aluguer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que apaga.

    2. Utensilio para apagar as luces.

    3. Cada unha das pequenas pezas de madeira forradas que ten o piano, as cales, ao estaren en contacto coas cordas, non impiden a vibración, mentres os dedos, actuando enriba das teclas, ou ben do pedal xeral, non lles fan afastar da súa posición habitual.

    4. Dispositivo que apaga o arco nun interruptor e onde se atopan ás veces os contactos auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen realiza unha arenga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asolaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exercía o oficio de levar auga ás casas. Posuía certos dereitos nas fontes ou mananciais onde enchía o seu cántaro. O oficio de augador, de moita importancia e presenza social fundamentalmente no sur da Península Ibérica durante a Idade Moderna, adoitaba ser exercido por galegos e asturianos. É ben coñecido o óleo de Velázquez chamado El Aguador. Aínda segue a ser unha práctica cotiá nos países máis secos e cun insuficiente sistema público de canalización de augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carga.

      1. Persoa que se dedica a cargar mercadorías.

      2. Persoa que embarca mercadorías en réxime de carga xeral para que sexan conducidas ao punto de destino. Este termo refírese, fundamentalmente, ao transporte terrestre fronte a fretador, que se reserva para o marítimo.

      1. Instrumento ou instalación que serve para cargar.

      2. Dispositivo das armas automáticas e semiautomáticas que contén os proxectís que se van metendo sucesivamente na cámara.

      3. Culler coa que se introducía a pólvora nos canóns de artillería.

      4. cargador de baterías

        Aparello que serve para cargar baterías de acumuladores mediante enerxía eléctrica da rede de corrente alterna. Está formado por un transformador e por un ou máis rectificadores. Adoitan ser automáticos, de xeito que regulan a tensión de saída e limitan a corrente de carga por debaixo do valor máximo permitido.

    2. Soldado que introduce a carga nunha peza de artillería.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen castiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se encarga da catalogación nunha biblioteca, arquivo, museo ou calquera outra entidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cega momentaneamente debido ao seu brillo ou intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen centrifuga.

    2. centrífuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que derroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa ou cousa que descarga.

    2. Instrumento de ferro, en forma de espiral, empregado para descargar as armas de fogo.

    3. Aparato que desvía cara á terra as sobretensións que aparecen nas liñas e nas instalacións eléctricas, para que non se produzan avarías nas máquinas e nos aparellos eléctricos da instalación. O tipo que máis se emprega é o de resistencia variable. Consta de dous electrodos, un dos cales posúe uns discos cunha resistencia eléctrica que diminúe ao aumentar a tensión. Cando aparece unha sobretensión, salta o arco entre os electrodos e establécese un paso de corrente cara á terra. Para un valor de tensión próximo ao normal, esta corrente interrómpese.

    VER O DETALLE DO TERMO