"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
geyser
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘disolución’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución orixinada a partir das reunións dun grupo de literatos, regulamentada por Richelieu (1634), recoñecida por Luís XIII (1635) e polo parlamento (1637). No ano 1793 pasou a formar parte do Institut de France -compartindo sección cos pintores, os escultores e os músicos-, do que se desagregou en 1816 ao recuperar a súa histórica autonomía. A finalidade que lle atribuíu Richelieu foi a de regular a lingua francesa, polo que o seu propósito inicial foi a redacción dun dicionario (1694), dunha gramática (1932) e, posteriormente, dunha retórica e unha poética. Ten a súa sede en París. Os seus académicos, designados tamén co nome dos inmortels -a causa da divisa da institución, À la immortalité-, son titulares e elixidos por maioría absoluta. Non está dividida en seccións. Concede periodicamente o Grand Prix de Littérature e o Grand Prix du Roman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Florencia no ano 1563 por iniciativa de Vasari xunto cun grupo de artistas, baixo a protección de Cósimo I de Médici. Está considerada como a primeira academia de arte regularmente constituída e legalmente recoñecida. Tiña atribucións que excedían a mera ensinanza, como a da tutela do patrimonio artístico. A partir do 1706 organizou exposicións de pintura. Foron membros destacables Nicolini, Paul Delaroche, Ingres e Viollet-le-Duc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrólise provocada por un ácido.
-
PERSOEIRO
Poetisa francesa. De pensamento ateo e pesimista, expresado, entre outras escolmas, en Premières poésies (Primeiras poesías, 1845), que segundo a crítica foi o seu mellor poemario, Poésies philosophiques (Poesías filosóficas, 1872) e Pensées d’un solitaire (Pensamentos dun solitario, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político francés, xurdido ao redor do xornal do mesmo nome (1908-1944), inspirado e dirixido por Ch. Maurras, L. Daudet e outros. Rexeitaba a democracia e preconizaba a acción directa como medio para a toma do poder. Defensor dun nacionalismo xenófobo e da monarquía absoluta, entendía o catolicismo como unha institución esencial para Francia, xerárquica e disciplinada. O apoio que durante a Segunda Guerra Mundial prestou ao goberno de Vichy (1940) provocou a súa desaparición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte anterior e media da hipófise, de natureza glandular. Segrega diversas hormonas: a tireotrópica, a adrenocorticotrópica, a estimulante do folículo, a luteinizante, a luteotrópica (prolactina), a somatotrópica e a melanocitostimulante.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (109.025 km2; 88.782 h [estim 1995]). A capital é Coihaique (43.139 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción semellante a unha hidrólise, na que unha molécula AB se descompón en dous fragmentos A e B pola acción dun alcohol; o grupo alcoxilo fíxase sobre un fragmento e o hidróxeno sobre o outro.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, no centro das serras estremeñas (2.414 h [1996]). No seu termo municipal atopouse o tesouro de Aliseda, un conxunto de alfaias de ouro do s VII ou VI a C, de estilo feniciochipriota e posiblemente fabricadas en Tartessos, que se conserva no Museo Arqueológico Nacional de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación privada, fundada no 1883 por un grupo de literatos e políticos franceses presidido por Paul Cambon, destinada a difundir a lingua e a civilización francesas por todo o mundo. En 1919, fundou en París un centro, École Internationale de langue et de civilisation françaises, destinado ao ensino da lingua francesa aos estranxeiros. A súa presenza espallouse tamén por outros países, sobre todo, en América Latina, SL de Asia, Extremo Oriente, Australia, Europa e países anglófonos de África. En Galicia, posúe sedes en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
-
GALICIA
Poeta, escritor, publicista e estudoso da cultura galega. Logo de estudar bacharelato en Tui e Vigo publica no 1950 o seu primeiro libro Cantos de Cotovía, poemario en castelán e no mesmo ano emigra a Bos Aires, inciando a súa andaina como escritor e xornalista vencellado aos círculos galeguistas. Na emigración fundou a revista Mundo gallego e dirixiu Airiños do Carballiño, órgano da Casa de Galicia en Bos Aires, na década dos cincuenta. Desenvolveu o labor de articulista para xornais da Arxentina, Galicia, Montevideo, Madrid e O Brasil, obtendo en Bos Aires varios premios xornalísticos e o Premio Minerva polos seus poemas. Foi tamén corresponsal de El Hogar nas provincias arxentinas e traballou como redactor en La Prensa, ademais de colaborar en case todos os xornais rioplatenses, ao tempo que enviaba ao vigués El Pueblo Gallego as súas crónicas “Aquí Buenos Aires”. De volta a Galicia en 1958, colabora en Faro de Vigo, Industrias...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial ceramista. Principiou a súa experiencia laboral na Alemaña onde fundou unha fábrica na que decoraba a louza que comercializaba posteriormente. No 1922 trasladouse a Vigo, onde montou un obradoiro de cerámica. No 1939 anovou a fábrica, introducindo métodos industriais. Na década dos cincuenta e sesenta, sucedeu a Manuel Álvarez Pérez na dirección do Grupo de Empresas Álvarez e chegou a controlar o 40% da produción de porcelana de España e o 70% da de louza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución dun alvéolo. Aplícase especialmente aos alvéolos dentais nos que a alveólise, por causa sobre todo da piorrea, pode chegar a deixar ao descuberto as raíces dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conspiración dos hugonotes que tivo lugar no 1560 durante as guerras de relixión francesas, aproveitando a minoría de idade do Rei Francisco II. Godofredo de Barri de la Renaudie, cabeza hugonote da conspiración, pretendía substraer a Francisco II da influencia do Partido Católico, capitaneado por Francisco I de Lorena. O complot denunciouse e La Renaudie morreu.
-
PERSOEIRO
Cardeal e home de estado francés. Bispo de Montalbán (1484), Arcebispo de Narbona (1492) e de Ruán (1493), Cardeal (1498) e Legado Papal en Francia. Colaborou eficazmente na política italiana de Luís XII; dirixiu as negociacións con Florencia e interveu nos tratos con Venecia e o Papa Alexandre VI, preliminares á anexión do Milanesado. Asistiu ao Convenio de Savona entre o soberano francés e Fernando II de Aragón (1507). Promulgou as Ordenanzas de Blois (1499), compilación dos costumes franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr normando, autor en lingua francesa da Estoire de la guerre sainte, crónica da Terceira Cruzada. Probablemente o autor acompañase a Ricardo I de Inglaterra á Terra Santa. É tamén posible que a crónica se inspirase nunha narración normanda máis antiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Degradación parcial ou total do amidón e das substancias amiláceas en xeral, que pode producirse por hidrólise (ácida ou enzimática) ou por despolimerización (por acción da calor ou de enzimas). A amilólise dá lugar á liberación de azucres redutores (maltosa e glicosa). Industrialmente efectúase por tratamento con ácidos minerais ou con preparacións enzimáticas ricas en amilasas. Intervén na fabricación de bebidas, na panificación, na fermentación acetónico-butílica do amidón e na industria téxtil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción química, similar á hidrólise, na que o amoníaco provoca a ruptura do enlace A-B nunha molécula AB e libera como produtos ANH2 e HB.