"Lund" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • PERSOEIRO

    Histólogo. Foi o discípulo máis importante de Santiago Ramón y Cajal. Introduciu novas técnicas de impregnación metálica no estudo da histoloxía do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada de materiais refractarios e abrasivos, constituídos esencialmente por alúmina fundida. Moi resistentes á temperatura, aos ácidos e aos álcalis, empréganse como illantes eléctricos e para fornos, crisois, muflas e outros aparellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista sueco. Escribiu entre outras novelas, Manne (1949), Mormon Boy (1951), Yngling i spegel (Mozo no espello, 1955) e Kvarteret Venus (O barrio de Venus, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica e na Academia de Artes de Estocolmo. Indiferente ao Funcionalismo europeo, realizou unha arquitectura romántica, de raíces clásicas. Non obstante, na exposición de Estocolmo de 1930 esmiuzou, no seu pavillón, a linguaxe figurativa estendida por Europa polo Racionalismo, independizándoa da súa volumetría, da súa estereotomía cubista e da ideoloxía mecánica e mecanicista. A súa influencia en Europa foi inmensa, sobre todo en Inglaterra. A súa arquitectura é unha invitación á modestia e á antirretórica. As obras máis importantes do seu período romántico son a escola de Karishamn (1912), a capela do Bosque e o cine de Skandia, en Estocolmo (1922-1923), cunha clara decoración neoclásica, a tumba do príncipe Bernadotte e o proxecto primitivo (1921) para a biblioteca municipal de Estocolmo. A partir de 1930, entrou nunha etapa renovadora, que seguiu co almacén Bredberg (1933-1935), co laboratorio bacteriolóxico estatal de Estocolmo (1933-1937) e que culminou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Comezou escribindo poesía amorosa e elexíaca, que evolucionou cara a un humanismo cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Traballou nos observatorios de Estocolmo, Dorpat e Pulkovo. Estudiou os movementos irregulares do cometa Encke e analizou as observacións feitas desde 1819 para encontrar as perturbacións planetarias posiblemente responsables do seu movemento irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. A súa obra, en verso libre, caracterízase polo idealismo e pola busca da beleza e do amor platónico. Da súa produción destaca Melodier i skymning (Melodías crepusculares, 1902) e Elegier (Elexías, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Punjab, India (509.510 h [1991]). É un importante centro comercial e de comunicacións. A súa economía baséase nas actividades industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Escania, Suecia (98.948 h [2000]). Situada ao NL de Malmö, é un centro industrial, universitario e editorial. En 1163 foi sede primada de Escandinavia. En 1658 pasou a Suecia e, en 1668, Carlos XI fundou alí a célebre universidade. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral realizada en estilo gótico renano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lundas.

    2. Individuo do pobo lunda.

    3. Pobo de África que habita no S da República Democrática do Congo, ao NO de Zambia e ao NL de Angola. No s XVI crearon un importante reino feudal que sufriu un proceso de desgaste pola penetración de traficantes de escravos mozambiqueños e árabes. A decadencia do tráfico negreiro no s XIX debilitou a autoridade do monarca lunda e permitiu a aparición dunha serie de pequenos reinos locais. Integrados na colonia do Congo Belga a finais do s XIX, trala independencia loitaron pola secesión da rexión de Katanga e contra o dominio que acadaran os lubas na administración e no comercio da rexión. Na década de 1970 producíronse novos intentos secesionistas. A súa economía, baseada tradicionalmente na agricultura e na pesca, viuse superada pola importancia dos comerciantes e o desenvolvemento da minería.

    4. Lingua do phylum níxer-congo que fala o pobo lunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (102.783 km2; 320.000 h [estim 1996]). A capital é Lucapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (45.649 km2; 165.000 h [estim 1996]). A capital é Saurimo (12.901h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista sueco. Estudiou os cambios cíclicos como inherentes ao sistema económico e defendeu que a intervención do estado na economía debe limitarse a casos de emerxencia nacional. As súas obras máis importantes son Studies in the Theory of Economic Expansion (1937) e Busines Cycles and Economic Policy (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Influído por Whitman e D. H. Lawrence, foi un dos principais autores e teóricos do modernismo no seu país. Crítico e tradutor, escribiu Glöd (Resplandores, 1928), Dikter mellanjdur och gud (Poemas entre animais e Deus, 1944) e Agadir (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nalgún lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO