"Melide" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Convocada en Melide en decembro de 1520 tralos levantamentos comuneiros en Castela, os seus promotores foron o conde Fernán Pérez de Andrade, por parte da nobreza, e o arcebispo de Santiago Alonso de Fonseca, por parte dos prelados. Representaban ás clases privilexiadas que decidiran autodefenderse das revoltas dos vasalos. As peticións máis salientables emitidas pola Asemblea á Coroa de Castela foron a petición de voto en Cortes para Galicia e a concesión dunha Casa de Contratación para A Coruña. Denegada a primeira petición, Carlos I de Castela concedeu o 24 de decembro do 1522 o establecemento da devandita Casa de Contratación do Comercio coas Illas das Especias e as Illas Orientais (Asia e Oceanía), o que facilitou o negocio da especiería para os comerciantes e mercaderes galegos ata que desapareceu no 1529, ao se facer definitiva a pouca rendibilidade da ruta oriental das especias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no mes de agosto de 1982 en Melide. Aínda que non figurou baixo ningunha responsabilidade, os encargados da publicación foron o director do museo Xosé Manuel Broz Rei, o secretario Xosé Domingos Fuciños Gómez e os vocais Benedicto e Xulio Álvarez García. Este boletín deleitaba tanto cos poemas dos colaboradores Xosé Vázquez Pintor, Manuel Souto, Ramón Porto Trado ou Manuel Díaz, como coas traducións ao galego que Xosé María Monterroso Devesa fixo de Rabindranath Tagore ou de Henry Fellow. A pesar de que a súa finalidade era a recuperación, o estudo e a conservación do patrimonio histórico e artístico da comarca, tamén contou con artigos sobre Historia local, Etnografía, escavacións arqueolóxicas, Arte, Heráldica, música tradicional, onomástica da parroquia, etc. O boletín estaba ilustrado con debuxos e fotografías en branco e negro. A única mostra narrativa que se atopou é a publicación nun dos seus números dun relato de Exeria Branco. Na súa presentación afirmaban...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da illa de Ons, situada entre as puntas Centolo e Ignacio, na parroquia da Illa de Ons (Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre as puntas de Subrido e Rabaleira, na parroquia do Hío (Cangas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Melide, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Melide, situado no extremo suroriental da provincia da Coruña, no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 54’ 42’’ de latitude N e 8° 00’ 40’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Boimorto (comarca de Arzúa) e Sobrado (comarca de Terra de Melide), ao S cos de Santiso (Terra de Melide) e Palas de Rei (A Ulloa), ao L co de Toques (Terra de Melide) e ao O cos de Arzúa (comarca de Arzúa) e Santiso (Terra de Melide). Abrangue unha superficie de 101,3 km2en que acolle unha poboación de 7.916 h (2007), distribuída nas parroquias de Abeancos, Os Ánxeles, Baltar, O Barreiro, Campos, Castro, Folladela, Furelos, Golán, Gondollín, Grobas, O Leboreiro, Maceda, O Meire, Melide, Moldes, Orois, Pedrouzos, San Cibrao, San Cosme de Abeancos, Santa María de Melide, Santalla de Agrón, As Varelas, Vitiriz, Xubial e Zas de Rei. A súa capital, a vila de Melide, situada na parroquia homónima, dista 75 km da Coruña e 57 km de Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia ubicada nas Illas Ons cuxo conxunto conforman o Parque Nacional maritimo-terrestre das Illas Atlánticas, situada no Concello de bueu.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 300 metros ANCHURA MEDIA: 25 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Si
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2.000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruceiro situado en Melide. Considérase o máis antigo de Galicia, do s XIV. Posiblemente pertenceu ao conxunto do retablo pétreo da desaparecida igrexa de San Pedro de Melide e orixinalmente estivo policromado. Na cruz, tallada nunha única peza, representouse dun lado, a figura de Xesús Cristo crucificado, acompañado por san Xoán Evanxelista e pola Virxe, e doutra, o Cristo en maxestade. É o elemento máis antigo do cruceiro, e a ela engadíronse posteriormente o pé e a columna, octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Melide. Membro do Consello Galego de Museos, en 1998 adquiriuse, por subscrición popular, o antigo hospital Sancti Spiritus para converterlo na súa sede. Consta dunha sección arqueolóxica, con pezas castrexas procedentes dos castros da comarca e romanas, orixinarias da vila de Piñeiro, ademais de mapas e debuxos do patrimonio, e doutra etnográfica, con apeiros de labranza e útiles tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada xunto á igrexa de Santa María de Melide, no concello homónimo. Ten planta rectangular e patio con escaleiras e patín. Na beira esquerda da escaleira consérvase un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no SL da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Betanzos (concellos de Curtis e Vilasantar) e a Terra Chá (Guitiriz), ao S coa de Deza (concellos de Vila de Cruces e Agolada), ao L coas de Lugo (concello de Friol) e A Ulloa (concello de Palas de Rei), e ao O coa de Arzúa (concellos de Boimorto e Arzúa). Abrangue unha superficie de 367,2 km2en que acolle unha poboación de 14.066 h (2001), distribuída entre os concellos de Melide (101,3 km2; 7.818 h [2001]), Santiso (67,4 km2; 2.266 h [2001]), Sobrado (120,6 km2; 2.402 h [2001]) e Toques (77,9 km2; 1.580 h [2001]). Presenta unha clara capitalidade comarcal centrada na vila de Melide, vinculada ao Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
    Xeografía física
    Dentro do relevo comarcal, composto por materiais duros (granitos, serpentinitas, anfibolitas e lousas), que alternan con depósitos cuaternarios...

    VER O DETALLE DO TERMO