"Miña Terra" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Libro de poemas escrito por Manuel Curros Enríquez, no que os temas fundamentais son o civismo, o costumismo e o intimismo. Saíu á luz no 1880, no mesmo ano en que aparecen Follas novas de Rosalía de Castro, e Saudades gallegas de Lamas Carvajal. Destaca esta obra pola actitude do poeta ante a realidade social de finais do s XIX. É a obra máis emblemática de Curros, que ademais supuxo un fito na literatura galega, na que non se limita a expor unhas ideas ou uns sentimentos, senón que vai moito máis alá. Curros engádelle o concepto romántico de que o poeta debe desempeñar un papel didáctico, debe servir de guía. Esta obra é un alegato a favor dos máis desfavorecidos. Cre no poder da palabra posta a prol da xustiza (o poema “O maio” é un claro exemplo disto; a curia e o clero son os males sociais, as dúas pragas contra as que deben loitar os mozos). O deber do poeta, segundo Curros, é crebar a ira, combater as inxustizas polas que está a pasar o pobo galego. Por outra banda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual e bilingüe aparecido na Habana en xullo de 1892 e subtitulado“Boletín oficial de la sociedad de este nombre”. Dirixido por Xosé Novo García, colaboraron nel: Curros Enríquez, Sofía Casanova, Manuel Lugrís Freire, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, entre outros. Inclúe informacións sobre a entrada e a saída de vapores, novas de Galicia, artigos de carácter económico e industrial, e comunicados da Cámara de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal que se publicou en Bos Aires entre o 10 de maio de 1908 e o 25 de xullo de 1909. Fundada e dirixida por Manuel Nóvoa Costoya, nela reproducíronse textos de Pondal, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, xunto con escritos de Lugrís Freire, Álvaro Dios Villar, Antonio de la Iglesia e Alberto Camino, entre outros. Contiña información sobre Galicia e notas locais, amais da literatura que tiña unha notable presencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe xurdida o 10 maio de 1909 na Habana e subtitulada “Revista decenal ilustrada. Consagrada a la propagación de la cultura gallega y órgano de los gallegos emigrados de América Latina” Cesou ao chegar ao numero once. O redactor Xoán Vicente Martínez e o debuxante Luís Covisa forman parte da mesma. Ten contos e poesías en galego de Francisco Añón, Eduardo Pondal, Xenaro Mariñas e Manuel Nóvoa Costoya, xunto con narracións de Labarta Pose, Lugrís Freire, Ricardo Carballal, Álvaro Dios Villar e outros autores. Contén amais novas de Galicia, biografías de galegos ilustres e inclúe fotografías da paisaxe galega. O escudo de Galicia aparece na portada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en Ferrol o 1 de outubro de 1900 e constituída inicialmente como ronda de pulso e púa. Os seus membros fundadores foron: Antonio Quero, Mario Rodríguez Trigo, Xoán Xosé Cabarcos, Xoán A. Martínez, Ramón Picos, Luís Díaz, Constantino González Gómez, Xosé Llanos, Xosé de los Ríos, Xosé Lage Pedreira e Antonio Seoane Pampín como director da rondalla. O 20 de xaneiro de 1901 fai a súa presenza oficial cun concerto na cidade de Ferrol, como “saludo a las autoridades, prensa local y sociedades de recreo”. O 28 de setembro viaxou por primeira vez á cidade da Coruña invitada polo Círculo de Artesáns. Catro anos máis tarde, o 13 de agosto de 1904, obtivo o 1º premio no certame de rondalllas celebrado tamén na Coruña. O 5 de maio de 1905 acudiron a Madrid para tomar parte nas festas celebradas co gallo do terceiro centenario do Quixote. Alí a rondalla actuou no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Ateneo e Centro galego. En outubro de 1906 obtivo o 1º premio do Concurso Nacional de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado en Bos Aires a partir de 1992. Subtitulouse “Boletín Informativo de la Sociedad Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano Mutual Cultural y Recreativo”. Editado por este centro, incluíu noticias e informacións desta sociedade, que se completaban con artigos de información xeral e de España, noticias culturais, colaboracións literarias, seccións recreativas ou información para emigrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO