"Nuno" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
GALICIA
Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, crítico de arte e escritor. Doutor en Filosofía e Letras (1958), dirixiu as galerías Laietanes de Barcelona (1947-1958) e foi cofundador da Asociación Española de Críticos de Arte, da que foi vicepresidente. Colaborou en diversos volumes de Ars Hispaniae: Historia del arte hispánico e de Summa Artis. Das súas obras de temática artística destacan: Historia y Guía de los museos de España (1955), Bibliografía crítica y antológica de Velázquez (1963), La pintura española del siglo XX (1970) e Historia de la crítica de arte en España (1975), ademais de monografías sobre artistas e cidades españolas. Como literato escribiu El santero de San Saturio (1953), Tratado de mendicidad (1962), Historias del cautivo (1966) e Los gatos salvajes (1968). Foi membro do Instituto Velázquez do CSIC, do Instituto de Coimbra e correspondente de The Hispanic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nuno Menéndez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe incerta, probablemente do latín nonnus ‘monxe’, aínda que tamén podería proceder do nome persoal xermánico Nunno. Presenta a variante Nuño. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Nuno.
-
PERSOEIRO
Cabaleiro portugués, conde de Barcelos, fillo dun prior da orde do Hospital. Entrou ao servizo da Raíña Leonor Teles de Meneses na corte de Portugal. Nomeado condestable, loitou ás ordes do mestre de Avís, en Atoleiros (1384), Valverde (1385) e Aljubarrota (1385), e en 1415 participou na conquista de Ceuta. En 1397 instaurou en Lisboa a orde dos Carmelitas. Foi beatificado en 1918 e a súa festividade celébrase o 6 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo, “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre. Foi un dos condes que liderou a sublevación dos súbditos portugueses aos que tivo que facer fronte o Rei García I en 1070. Foi derrotado e morto polas tropas do monarca na Batalla de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Posible irmán de Garcia Fernandez e Rui Fernandez de Mirapeixe, pertenceu á corte de Rodrigo Gomez de Trastámara (1211-1243). Da súa produción, localizada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, consérvanse tres cantigas de amor, dúas delas son fragmentos, quizais dunha mesma composición, “Dizer-vus quer’ eu, mia senhor”, “Pois me fazedes, mia senhor” e “Quantos oge no mundo son”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Desenvolveu a súa actividade na corte e caracterizouse por un estilo satírico que utilizou en contra dos seus inimigos, como Enrique de Almeida, Francisco de Silveira, Lançarote de Melo ou D. João Pereira. Foi un dos protagonistas da célebre tenzón poética “Cuidar e sospirar”, coa que se abre o Cancioneiro Geral (1516) e na que se enfronta a outros poetas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Puido relacionarse coa corte de Don Denís (1279-1325). Pertencente á liñaxe dos Sandeu, foi descendente de Egas Mendez, fillo dun cabaleiro asturiano. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Vaticana, consérvanse seis cantigas de amigo, tituladas “Ai, filha, o que vos ben queria”, en que o diálogo de nai e filla se realiza nun novidoso espazo urbano; “Ai, mia madre, sempre vos eu roguei”, “Deus, por que faz meu amig outra ren”, “Madre, pois non posso veer”, “Porque vos quer eu mui gran ben” e “Madre, disseron-mi ora que ven”. Todas as composicións seguen o esquema propio da escola do autor, cunha tendencia ao emprego da estrofa de seis versos, e unha preferencia polo esquema de rima abbaCC. Tematicamente, trata o amor contrariado pola firme vontade da nai, á que responde a amada coa loita ata a propia morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr. De orixe probablemente portuguesa, desenvolveu a súa actividade entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Vaticana, da Biblioteca Nacional e da Ajuda, consérvase a cantiga de amigo “Irei a lo mar vee-lo meu amigo”, única na estrutura da rima e no tratamento do tema, xa que amosa a enorme ansia que sente a amada por dirixirse cara ao mar, na procura do amigo, e declararlle abertamente o seu amor. Con respecto á cantiga de amor “Nostro Senhor! en que vus mereci”, dubídase da súa autoría entre Nuno Porco e Nuno Rodriguez de Candarei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xuíz castelán. Segundo as fontes dos ss XII e XIII, foi elixido en 924, xunto con Laín Calvo, Xuíz de Castela, nun intento dos casteláns de romper coa autoridade asturleonesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr. Algúns estudos confúndeno, pola proximidade do seu apelido con Freez, con Nuno Fernandez (Torneol?) e mesmo localizan o seu lugar de nacemento entre Narón e Ferrol. Da súa produción consérvanse catro cantigas de amigo, atopadas nos cancioneiros da Ajuda e da Biblioteca Nacional, que se inclúen no subxénero de romaría, como “San Clemenço do mar”, onde fai mención á ermida de San Clemenzo situada en Pontevedra. Tamén se conservan “Des quando vos fostes d’ aqui”, “Estava-m’ en San Clemenço, u fôra fazer oraçon” e “Non vou eu a San Clemenço orar e faço gram razon”. Nas composicións amosa a tristura da muller polo amigo, o seu enfado polo desprezo que ela recibe, a solicitude de axuda ao santo que se mostra pasivo e, finalmente, o regreso do amado. Relacionado coa temática, cómpre salientar a abundancia léxica e a habilidade do autor para penetrar na psicoloxía feminina, o que a fai única no mundo trobadoresco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado en Las Hurdes e bañado polo río Hurdano, afluente do Alagón (1.768 h [2001]). É un termo predominantemente agrícola, con oliveiras e patacas, e gandeiro, onde destaca o gando cabrún.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Especialista en urbanismo, dedicouse á crítica de arquitectura e á investigación teórica. Foi un dos encargados da revisión do Plan General de Ordenación Municipal de Madrid, coautor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela (1988) e responsable do proxecto urbanístico de varios barrios da periferia de Lisboa. Traballou con Nuno Teotónio Pereira desde 1959 a 1973 en numerosos proxectos, dos que destaca o da igrexa do Sagrado Coração de Jesús en Lisboa, realizada na década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO