"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo ou oficina do abreviador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Victoria Mérida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de la Historia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indiferencia, calidade de adiáforo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.
-
PERSOEIRO
Poetisa italiana. Deuse a coñecer no 1900 coa colección de poemas Leggenda eterna (Lenda eterna); posteriormente (1908) publica Nuove liriche (Nova lírica).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aquilo que representa algunha cousa ou idea por semellanza suxestiva.
-
Representación metafórica de ideas abstractas mediante figuras ou temas plásticos. As composicións alegóricas foron moi frecuentes na historia da arte. Na arte grega acadaron sona as de Apeles (s III a C); a pintura romana tómaa da grega. Na arte cristiá están inspiradas nas Sagradas Escrituras; no Románico e, sobre todo, a partir do Renacemento, atópanse centradas en ideas profanas e da mitoloxía clásica.
-
Figura retórica que consiste en desenvolver unha imaxe ou sucesión de imaxes, de maneira que expresen á vez un sentido directo e outro figurado, ambos os dous completos. Na súa finalidade existe unha intención a miúdo didáctica ou moral. Foi frecuente na Biblia e na tradición grecolatina; recollida polo Cristianismo, desembocou na Idade Media nun sistema coherente de representacións que co Barroco adoptaron formas máis persoais. A miúdo confúndese con parábola e apólogo. Na Biblia, a súa interpretación deu lugar ao método alegórico de eséxese: consiste en dar a unha pasaxe da Escritura outro senso (o alegórico) distinto daquel expresado no texto (literal), cando menos segundo a interpretación do comentarista (a vide, por exemplo, estaría a significar o pobo de Deus).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira etiqueta, da gama dos tintos, elaborada pola adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. É un viño lixeiro que se obtén da mestura de distintas variedades de uva autóctona da comarca: Caíño, Sousón, Ferrón e Mencía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alócoro.
-
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou a súa memoria de licenciatura en 1986 sobre a lingua de Rosalía de Castro. Ten publicados estudios de crítica literaria no Anuario de Estudios Literarios Galegos e en Grial. Participou nos volumes colectivos Carles Riba e Galicia (1993), Comentarios de textos populares e de masas (1994) ou Luís Seoane. Día das Letras Galegas (1994). Fixo tamén as edicións Rosalía de Castro para nenos (1988), O catecismo do labrego e outros textos en prosa (1992), de Valentín Lamas Carvajal e Entrevistas con E. Blanco-Amor (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do carro que forma parte do eixo.
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía amoriana.
-
Dinastía bizantina, chamada tamén frixia, que reinou entre os anos 820 e 867. Foron emperadores desta dinastía: Miguel II, Teófilo e Miguel III, que cedeu o paso á dinastía macedonia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de anemócoro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anisometría entre a pupila dun ollo e a do outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na simple indiferencia, real ou aparente, ante unha afección, en especial a parálise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas da familia das poáceas. Existe unha especie perenne en Galicia, a A. agrostidea, que se atopa de forma común en lugares húmidos. Ocasionalmente é acuática e presenta follas flotantes.