"Patriot" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquel que nega ou se opón ao concepto de patria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou aquel que é contrario ao patriotismo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña en 1811, que cesou a finais de 1812. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade, foi redactado por Antonio Buch e o propio director. Tiña unha periodicidade irregular. Foi editado nas imprentas de Antonio Rodríguez, onde se compoñía El Exacto, e Juan Chacón. Nel reproducíanse extractos das Cortes, decretos do Consello de Rexencia e noticias e informacións de carácter oficial. Mantivo certos enfrontamentos coa Junta Superior de Galicia, oposta ao centralismo estatal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa natural ou habitante do mesmo país que outra ou outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de outubro de 1812. Cesou entre os anos 1813 e 1815. Fundado e dirixido por Xosé Verea Aguiar, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Xoán María Pazos. Como defensor das ideas constitucionais, colaboraron nel Sinforiano López Alia e outros intelectuais de corte liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil terra-aire estadounidense deseñado inicialmente para abater avións que voan a media altura, e reconvertido posteriormente para a loita antimísiles. Utilizáronse na Guerra do Golfo Pérsico contra o mísil Scud.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estima profundamente a súa patria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 16 de xullo de 1809. Cesou o 29 de xaneiro de 1812. Continuador de Diario de Santiago, suspendido tras a invasión francesa, comezou sendo un diario de información xeral en que primaba a información lexislativa. A partir de 1810 comezou a defender as ideas liberais e foi suspendido entre maio e xullo de 1810.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten unha admiración cega pola gloria do seu país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos patriotas ou ao patriotismo.
-
-
Amor á patria.
-
Comportamento propio do patriota.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir do 29 de abril de 1823. Cesou ese mesmo ano. Promovido pola Xunta de Galicia, constituída na Coruña, apareceu grazas ao establecemento dos primeiros obradoiros en Vigo, propiedade de Pascual Arza. O xornal, primeiro da cidade, saíu os martes, impreso a dúas columnas, co obxectivo de fortalecer o espírito constitucional e progresista na cidade. Desapareceu co restablecemento da monarquía absolutista, tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española fundada en 1924 por Miguel Primo de Rivera para substituír os partidos políticos que o seu réxime ditatorial prohibira. O seu lema era “Patria, religión, monarquía” e o seu propósito, a continuidade do réxime. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera.