"Pest" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 42.

  • Propio da alta montaña alpina, dos pisos subalpino e alpino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anapesto.

    2. Composto dun ou varios anapestos.

    3. Ritmo de marcha conseguido con anapestos, usado nos cantos militares dóricos e, máis tarde, na comedia e na traxedia grega. Por extensión, desígnase ás veces deste xeito, o verso escrito en lingua románica que ten o acento na terceira sílaba precedida de dúas átonas ou debilmente acentuadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pé métrico da poesía greco-latina composto de tres sílabas, as dúas primeiras breves e a última longa. Oponse ao dáctilo.

    2. Na comedia grega é a parte principal da parábase ou discurso do corifeo ao público, a causa do ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contaxiado da peste, e por extensión de calquera outra enfermidade.

    2. Impregnado dun cheiro desagradable.

    3. Que foi rexeitado dun grupo ou actividade por menosprezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir a peste ou outra enfermidade contaxiosa.

    2. Emanar ou encher de mal olor.

    3. Introducir unha cantidade excesiva de cousas nun espazo ou lugar determinado.

    4. Importunar a alguén insistindo nunha cousa determinada.

    5. Cheirar mal algunha cousa.

    6. Causar fastío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Hungría, situada na beira do Danubio, na saída das gorxas entre os macizos de Pilis e Börzsöny, que na división administrativa do país constitúe un condado (525 km2; 1.861.383 h [1998]). Consta de dúas partes: Buda, o núcleo antigo, situada sobre os outeiros de Buda e o monte Gellért, á beira dereita do río, e Pest, situada nunha chaira aluvial, na beira esquerda do Danubio. Ambos os dous núcleos desenvolvéronse en círculos concéntricos: no primeiro están os distritos comerciais; o segundo desenvolveuse a partir do s XIX; o terceiro, que se estende ata un cinto de parques e xardíns, comprende os barrios residenciais a ambas as bandas de amplas avenidas radiais. Xa antes da Segunda Guerra Mundial a cidade experimentara un novo crecemento a causa do desenvolvemento da industria, que provocou o nacemento de barrios obreiros, habitados principalmente por inmigrantes procedentes das comarcas rurais. En 1950 a cidade ampliouse de novo coa anexión de sete localidades veciñas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta haitiano. A súa adscrición ao comunismo obrigouno a exiliarse en 1946 a Italia e Cuba, onde exerceu a docencia na Universidade. En 1978 instalouse en Francia e traballou na UNESCO. Publicou, entre outras obras: Étincelles (Centellas, 1945), Alléluia pour une femme-jardin (Aleluia para unha muller-xardín, Premio Goncourt, 1973), Pour la révolution pour la poésie (Pola revolución pola poesía, 1974), Poète à Cuba (Poeta en Cuba, 1976), Hadriana dans tous mes rêves (Hadriana en todos os meus soños, Premio Renaudot 1988) e Eros dans un train chinois (Eros nun tren chinés, 1990). En 1993 recibiu o Prix Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da familia dos herpestidos, ao que pertence a mangosta común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é ou está fóra do tempo.

    2. Que resulta molesto porque é inoportuno ou inconveniente ou non se desenvolve no tempo adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte e novelista. Coñecida como Anna Banti, a súa narrativa reflicte a problemática da condición feminina e da súa emancipación. É autora de Itinerario di Paolina (1937), Artemisia (1947), Le donne muoiono (1952), La monaca di Sciangai (1957) e Campi Elisi (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afloramento granítico de grao medio situado en Meira (Moaña), inmediato á torre medieval. A rocha principal é ampla e contén trazos rectilíneos e cruciformes, así como tres motivos de representación da custodia. Ao NO, noutra rocha do mesmo afloramento, localízase un motivo illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da parte baixa da cidade de Budapest, situada á esquerda do Danubio. Foi, antes da súa unión con Buda (1873), unha cidade independente e cabeceira dun condado homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megye de Hungría (6.394 km2; 1.083.789 h [2001]). A súa capital é Budapest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Educouse no Collegium Carolinum de Zúric e reformou a pedagoxía tradicional, dirixindo o seu labor cara á educación popular. En 1775 abriu unha escola en Neuhof para nenos pobres, inspirada no Émile de J-J. Rousseau, onde iniciou unha nova corrente pedagóxica, inscrita na escola activa. Aínda que non obtivo os resultados esperados, en parte por razóns económicas, a experiencia valeulle para abrir novos centros como o de Stans (1799), Burdof, Yverdon, etc. Intentou demostrar que o método educativo máis adecuado é o da educación elemental, que permite que o neno comprenda as diferentes formas do saber dunha maneira natural e intuitiva, e a educación en colectividade é a situación ideal para o desenvolvemento persoal da mente e do espírito. No proceso educativo sinala cinco elementos fundamentais: espontaneidade, intuición, método, equilibrio de forzas e colectividade. Foi o gran representante da intuición como método educativo e propulsor da acción na educación. A súa pedagoxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos pelos ríxidos e sedosos que aparecen no bordo libre das pálpebras.

      2. pestana vibrátil

        cilio.

    1. Parte estreita e saínte do bordo dalgunha cousa e que adoita servir para encaixar noutra.

    2. Extremo do brazo dunha áncora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Paco Pestana, na súa produción interpreta, desde a provocación, o humor e a ironía, un mundo poboado de obxectos usados, mesturados con novas estruturas. Aproximouse ao surrealismo, ao organicismo e ao dadaísmo, e traballou a pedra, o ferro e a madeira en estado natural, combinados con pezas de metal e elementos cotiáns. Na súa temática identificouse co rural e buscou reflectir as culturas ancestrais e a esencia do home. Realizou Trabe de xuntura (1982), Relicario de amor e outros desazos (1983) e Réquiem por unha raposa (1992). Cultivou tamén a poesía e publicou El Parapeto (1995). Ten obra, entre outras, nas coleccións Caixa Galicia e Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Chegou a Barcelona en agosto de 1914, aliñouse cos anarquistas puros e participou no Congreso Internacional de la Paz, en Ferrol (1915), de onde xurdiron os primeiros intentos reorganizadores da CNT en España. Desde 1915 colaborou en Solidaridad Obrera, xornal que administrou (1916) e dirixiu (1918-1919). No segundo congreso da CNT celebrado en Moscova (1920) acusou os bolxeviques de exercer unha ditadura e reafirmouse na defensa anarquista da necesidade de facer desaparecer o estado. A súa inclinación cara a principios anarcosindicalistas máis moderados produciuse entre 1922 e 1923. Baixo a Ditadura de Primo de Rivera, e ata 1927, defendeu a legalización dos sindicatos confederados. Despois substituíu a J. Peiró i Belis na secretaría do comité nacional da CNT (xuño-decembro de 1929), ata que foi obrigado a dimitir. Despois da ofensiva triunfal dos anarquistas e en especial da FAI contra o trentismo, foi expulsado da CNT en decembro de 1932. En 1934...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover as pálpebras, abrindo e pechando os ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO