"Pillado" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que serve para pulir, alisar e aplanar superficies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao gordo e curto co que se remexen as papas para que non formen gromos ao cocer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de carpintería empregado para pulir, alisar e aplanar superficies de madeira.
-
-
Pa de madeira que se emprega para amasar o pan.
-
Pao de madeira co que se remexen as papas para que non se peguen á pota.
-
-
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe que trae por armas en campo de azul, un castelo de prata, e á súa porta, unha doncela ben ataviada, empuñando coa destra unha espada de prata. Outra variante presenta en campo de goles, unha torre de prata, resaltada dunha barra de ouro. Outra presenta en campo de goles, unha torre de ouro, con dous guerreiros de prata á súa porta.
-
-
GALICIA
Escritor, tradutor, editor e investigador teatral. Especializado na historiografía do teatro galego, foi director da colección “A Biblioteca do Arlequín” de Edicións Sotelo Blanco, participou na fundación da editorial Laiovento, da que é director, e promoveu a creación de publicacións especializadas de teatro como Don Saturio e Casahamlet, ou a colección Castrodouro-Teatro. Cofundou o Grupo de teatro O Facho (1965), a Escola Dramática Galega (1978), a compañía Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990), onde desenvolve as máis diversas tarefas, normalmente asociadas á tradución de textos e á edición de todo tipo de materiais, dos que destaca a colección “Cadernos da Escola Dramática Galega”, con máis de cen títulos publicados, labor polo que recibiu en 1989 o Premio da Crítica; e os Cadernos da Sala Luís Seoane. Traduciu ao galego textos de Maquiavelo, S. Becket, M. de Ghelderode, A. Strindberg, A. Chekhov, E. Ionesco, Luís Seoane, F. García Lorca ou J. Genet, e é autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi alcalde de Cambados (1987-1990), deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (1987-1991), deputado no Congreso (1979-1982 e 1989-1999) e senador (1986-1989). Foi nomeado conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (1999-2003). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo Peñafort (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi director de La Voz de Galicia (1968-1977), onde publicaba a sección “Cabos sueltos”. Traballou en Radio Coruña e outros xornais nacionais e estranxeiros, e colaborou en diversas publicacións, como a Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e compositor. Comezou na música moi novo e con doce anos publicou La primavera (1869) e deu o seu primeiro concerto. Dirixiu o quinteto da Reunión de Artesanos, foi profesor de piano e solfexo, e participou nas actividades do Círculo Bretón de los Herreros e da Sala Berea. Coñeceu a Marcial del Adalid, Andrés Gaos, Chané ou Canuto Berea, cos que mantivo unha intensa colaboración profesional. Das súas obras destacan Vals del año 1880 (1880), Pensamiento fúnebre (1897) ou Angelita (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que caza moitos ratos.