"RSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

    1. Que ou quen non é partidario, que se opón ou loita contra alguén.

    2. Termo literario que alude ao feito de se enfrontar dous amigos ou parentes nunha loita, mesmo chegando á morte, sen recoñecerse entre eles. Ao longo da tradición literaria hai numerosos exemplos deste motivo baixo diferentes formas. Moitas das veces hai un previo recoñecemento ( anagnórise) por parte dos rivais e o enfrontamento non ten lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que expresa unha oposición ou unha antítese; que implica ou denota unha contrariedade entre os conceptos ou entre os sentidos.

    2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une ou entre as proposicións que enlaza (pero, con todo, non obstante, etc).

    3. Expresión fixa da lingua con valor adversativo (con todo, ben que, non obstante, etc).

    4. Proposición coordinada que denota unha significación oposta. Esta oposición pode ser parcial ou total; se é parcial, a coordinación adversativa é restritiva ou ben correctiva (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo gráfico inglés & que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe mongol da rama Khoyit dos Ölöt. Neto de Tsewangrabtan, xefe dos Oinat, rebelouse contra o descendente lexítimo, Tsewangdorxi. Axudado polos chineses, que o puxeron no trono (1755), rebelouse contra a soberanía manchú, motivo polo que os mesmos chineses o derrocaron e mataron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Día no que se cumpren un ou varios anos dalgún feito ou acontecemento memorable.

    2. Día que se sinala como importante e que marca un período de tempo na vida dunha persoa.

    3. Oficio ou misa que se celebra en sufraxio da alma dalgún defunto o día que cumpre un ou varios anos da súa morte.

    4. Lote de bens que o testador deixa sinalados para que anualmente e en datas determinadas se celebren exequias pola súa alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe dunha tribo escita que cara ao 250 a C conquistou, coa axuda do seu irmán Tiridates, a satrapía de Partia, onde fundou a dinastía arsácida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico do que se obtén un sal empregado en medicina como antisifilítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Arsaces ou aos arsácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Arsácidas.

    2. Membro da dinastía dos Arsácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía orixinaria de Partia que subtituíu o Imperio Selxúcida no dominio de Irán e Armenia, onde a partir do 54 d C reinou unha rama colateral, destronada polos sasánidas. Considérase que o fundador desta dinastía foi Arsaces (250? a C); así mesmo, Artabán V conseguiu a expulsión dos romanos en tempos do Emperador Macrino (s III d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido do que se obtén un sal sódico, denominado atoxil, que se emprega en medicina. Tamén recibe o nome de ácido atoxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Caserta, na Campania, Italia (54.594 h [1996]). Foi a sede do condado de Aversa, primeira posesión dos normandos en Italia, creado no 1030 polo conde Serxio IV de Nápoles, a favor do cabaleiro Rainulfo Drengot. En 1062 formou parte do principado de Capua. En 1156 foi incorporado á coroa. En 1445 Afonso V de Aragón o Magnánimo outorgou o condado a Nicolao de Proixida, pero foi vendido polo seu fillo Xoán Francisco. Despois foi residencia dos Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Traballou na ópera italiana de Londres, onde tocaba a frauta e o óboe, e posteriormente se trasladou a Edimburgo. Autor de concerti grossi, overture a quattro, sonatas para diversos instrumentos e antífonas, publicou en 1742 unha Collection of old Scots Tunes (Colección de vellas melodías escocesas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado italiano da infantería lixeira. O corpo dos bersaglieri foi creado en 1836 polo capitán Alessandro Ferro della Marmora como un corpo especialmente escollido de tiradores. Durante a Segunda Guerra Mundial participaron en todas as frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, poeta e dramaturgo francés. Atacou a Molière e discutiu con Boileau. É o autor de Le mercure galant (O mercurio galante, 1683) e de Ésope à la cour (Esopo no curral, 1711).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, Turquía, na rexión de Mármara e costas do Mar Exeo (1.016.760 h [1996]). Situada ao pé do Ulu Da ǧ . A súa economía baséase principalmente no sector téxtil, con fábricas de seda e tapices. Identifícase coa Prusa da Antigüidade clásica. A cidade conserva interesantes mesquitas do período otomano, entre as que sobresae a Mesquita Verde, rematada en 1420.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión de Mármara e costas do Exeo (10.990 km2; 1.602.600 h [1995]). A capital é Bursa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ás operacións de bolsa e aos valores que se cotizan.

    2. Persoa física ou xurídica que exerce a súa profesión na bolsa e que realiza actividades bolsistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de persoas que en festas públicas, especialmente no Entroido, van vestidas ou disfrazadas igual co fin de divertirse e facer que a xente se divirta.

      1. Conxunto de persoas que actúa nunha representación teatral ou cinematográfica formando parte dun acompañamento ou dun conxunto. Adoita non ter texto e o seu papel non é determinante no desenvolvemento da trama.

      2. Persoa que participa nunha representación teatral ou cinematográfica só formando parte do acompañamento.

    2. O que permanece en silencio estando presente, pero sen participar, nunha situación ou nun lugar no que se desenvolve unha acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen toma parte nun concurso.

    VER O DETALLE DO TERMO