"Raimundo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Interveu no golpe de estado que derrocou o Presidente Guillermo Billinghurst (4.2.1914) e ocupou provisionalmente a Presidencia da República (1914-1915), ata a elección de José Pardo. En 1930 participou no derrocamento do Presidente Leguina, que deu o poder ao comandante Luis Miguel Sánchez Cerro. Despois do asasinato do Presidente Sánchez Cerro, regresou do seu exilio europeo e foi elixido Presidente. Durante os anos da súa Presidencia (1933-1939) iniciou unha política de conciliación con Colombia e de represión da oposición interior. Nos últimos anos do seu mandato tivo que facer fronte a un movemento revolucionario encabezado polo xeneral Rodríguez, feito que lle valeu como pretexto para modificar a Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido co pseudónimo de Mundo Cal, desenvolveu a súa actividade dende os anos setenta. Foi a partir de 1980 cando viaxou por diferentes países do sur e centro de América como Nicaragua, Guatemala, El Salvador, Panamá e México, nos que había conflitos armados, realizando reportaxes fotográficas; amais, co mesmo propósito, percorreu outros países do norte de África. As súas imaxes reflicten o sufrimento pola guerra e o xeito de vida das xentes que habitan eses lugares. En 1988 pasou a colaborar coa organización non gobernamental Entrepobos, fundamentalmente en proxectos de cooperación en Centroamérica e con refuxiados en Quintana Roo e Chiapas (México). Entre as numerosas exposicións nas que participou destacan: Fotoxornalistas galegos, Nicaragua. A revolución acosada (1983), Testemuñas (1996) e Sobrevivir (1997). Tamén a nivel profesional, colabora con diversos xornais e revistas como El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario 16 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña co escultor Xosé Xoán e na Escola de Belles Arts de Barcelona (1960) con Montagut e Vélez. En 1967 trasladouse a Xenebra. De regreso a Galicia instalouse na súa vila natal e converteu a súa casa no  Museo Víctor Corral. Traballou con diferentes materiais, como a madeira, a pedra de gran, o mármore, o bronce, o marfil ou o barro. A súa obra, síntese de realismo e idealismo, abrangue relevos e esculturas de vulto redondo cun amplo repertorio temático. Cultivou tamén a pintura, principalmente a acuarela, e a poesía. Entre as súas obras destacan A Virxe do Rosario (1971), labrada no interior dun castiñeiro; A fonte dos nenos (1975), A creación, O gaiteiro, María-Belén con boneca e flor, Eva, Xustiza (1993), Árbore xenealóxica arquitectónica (1998) e Os namorados (1998). Ademais, realizou esculturas de carácter público, como o Monumento en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo brasileiro. Licenciado en Dereito na Universidade de Recife, foi catedrático de Lóxica no Colexio Pedro II de Rio de Janeiro. Concibiu a filosofía como o medio para investigar os grandes problemas que atinxen á existencia humana, buscou eliminar preconceptos e falsas esperanzas, a través do método da introspección, de tal xeito que proporcionasen un coñecemento fundamental e verdadeiro que lle permitira ao home enfrontarse directamente á vida e á morte. Das súas obras destacan O mundo interior; ensaio sôbre os dados gerais da filosofia do espírito e Finalidade do mundo; estudos de filosofia e teleologia naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Marqués de Pozo Rubio. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Caldas entre 1872 e 1873, e polo de Pontecaldelas practicamente sen interrupción entre 1876 e 1905. Desde 1885 ocupou numerosos cargos como ministro da Gobernación (1885 e 1891), ministro de Gracia e Xustiza (1890-1891), ministro de Facenda (1899 e 1902) e presidente do consello de ministros (1902 e 1905). Empregou unha política de saneamento financeiro despois do desastre colonial de 1898, mediante a lei de presupostos de 1899-1900, que motivou críticas e disturbios en diversas cidades españolas. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da Real Academia de Jurisprudencia, que tamén presidiu, e da Real Academia Española de la Lengua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, coñecido polo pseudónimo de Borobó. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1936 adheriuse á UGT e loitou na Guerra Civil, na que foi comisario de Transporte no III Corpo do exército republicano. Durante a contenda colaborou no periódico de campaña republicano Estímulo. En 1939 afiliouse ao PSOE. Trala finalización da guerra, estivo prisioneiro en diversos campos de concentración. A partir de 1940 colaborou nos periódicos El Español e La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Foi director do diario La Noche de Santiago de Compostela. Neste xornal publicou os seus “Anacos”, crónicas variadas da vida real e de noticias de actualidade, ademais de coordinar as páxinas literarias e universitarias dende as que se deron a coñecer os integrantes da xeración de La Noche. En abril de 1960 pasou a dirixir El Correo Gallego. Posteriormente trasladouse a Madrid para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e industrial, marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta, títulos dos que non chegou a tomar posesión pola súa morte, director da Real Compañía Marítima de Ribadeo. Iniciou a súa carreira como comerciante en 1773 cando, en representación da Casa de Guimarán de Ribadeo, da que era administrador, foi liquidar as contas do morgado de Cádiz e cos cartos que obtivo mercou un cargamento de aceite de oliva que vendeu logo en Ribadeo. En 1775 dedicouse á importanción de viños e augardentes. En 1780 ampliou os seus negocios ao conseguir da coroa rexistros para expedir mercancía ás Indias. Foi o introdutor do domestic system, importaba liño do Báltico e distribuíao polas casas, comprometéndose a compralo unha vez elaborado o produto. Entre 1784 e 1795 asociouse con José de Andrés García, próspero home de negocios rioxano establecido en Santiago de Compostela, e dedicouse a comerciar ferro de Suecia, téxtiles de Inglaterra, cacao de América, bacallau de Terranova e outros produtos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía, foi elixido alcalde nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi un dos membros fundadores do Partido Nacional Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo situada en Ferreirela, no concello de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), inaugurada en 2001 e dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, creador da fábrica de cerámica de Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Xesuíta, traduciu ao éuscaro Loyola-tar eneko deunaren gogo Iñarkunak (Exercicios espirituais de santo Ignacio de Loiola, 1914) e Itun zar eta berria (Antigo e Novo Testamento, 1958). Foi académico da Euskaltzaindia (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre a de Areal de Cabanas e a punta Sargo, na parroquia de Tal (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo (1125-1152). Na sé toledana (1125) organizou unha escola de tradutores que fixo accesibles a astronomía, a física e as matemáticas dos árabes, e converteu Toledo nun dos centros culturais máis destacados de Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO