"Roa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 265.

  • Necrópole menfita a 8 km ao norte de Gizeh. Un dos cinco sectores en que está dividido o xecemento contén restos de tres pirámides: dúas construídas en pedra, sendo a máis importante a de Radjedef, sucesor de Kheops (nas súas proximidades atopáronse os enterramentos dos seus funcionarios), e unha en adobe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór ou pórse a carón de algo ou de alguén.

    2. Cortar a rentes algo.

    3. Pasar rozando ou pasar moi cerca de algo.

    4. Achegar o arado ao cadullo para poder aralo ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levar a cabra ao castrón para que a fecunde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propio ou característico do charón.

    2. Que aparece recuberto cun verniz brillante, o charón.

    3. De charón ou brillante coma el, lustroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ernizar con charón o coiro para abrillantalo.

    2. Facer que algo adquira a aparencia do charón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia da sensación perceptiva nun membro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anoxia local que afecta ás extremidades, como na enfermidade de Raynaud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entretemento de música instrumental que se interpretaba no intermedio dos xogos públicos, banquetes ou festíns na Grecia clásica. Os romanos engadíronlle unha representación teatral, que chegou a individualizarse tanto que xa no final da República este termo designaba só aquelas representacións de carácter privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicado oralmente.

    2. Nos sistemas filosóficos gregos, sobre todo no aristotélico, refírese a aqueles ensinos transmitidos oralmente que estaban dirixidos aos iniciados.

    3. Os escritos de Aristóteles que conteñen a súa obra científica e que non estaban destinados ao público, senón aos seus discípulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de formación neoclásica, moi influído polo romanticismo, que inicia a tradición literaria do Uruguai. Foi autor do himno nacional, do Diario del sitio de Montevideo (1842), de carácter patriótico, e de La Malambrunada (1842), poema satírico e burlesco. Influíu na produción literaria de José María Riguera Montero, escritor galego que imitou algúns dos seus versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á flora que, nas montañas africanas, ocupa as zonas xeobotanicamente equivalentes aos pisos alpino e subalpino europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negros africanos transportados como escravos a América, dende o s XVI ata o XIX, ou aos seus descendentes. Sobre todo, referido ás formas culturais propias desenvolvidas por eles no continente americano, principalmente nos territorios de Minas Gerais, a costa e unha parte do NL brasileiro, as costas da Güiana, Venezuela, Colombia, Panamá, Nicaragua e Honduras, a totalidade das Antillas e o S dos EE UU.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos. Ademais dos afrobrasileiros e afrocubanos, seguramente o que máis sona ten é o vudú haitiano. Malia as diferencias de ambiente histórico e cultural das diversas zonas, hai trazos comúns que confirman a existencia dunha cultura básica común procedente da África occidental, podéndose mencionar os seguintes trazos: ritos de posesión, comunicación coas deidades a través de médiums, contacto directo co mundo sobrenatural, o Ser Supremo como deus ocioso, as deidades como vieiros cara a Deus, e unha característica estrutura monoteísta que abrangue un sistema politeísta.

    3. Culturas desenvolvidas en América pola poboación negra de orixe africana. Os factores do seu desenvolvemento dependen de varias causas: a duración dos contactos culturais, o número de escravos pertencentes á mesma rexión de África, a dispersión ou concentración poboacional, a posibilidade de intercambio cultural con África despois da emancipación, o grao de civilización da cultura básica africana, a conversión ao catolicismo ou ao protestantismo, a duración da escravitude, a miscexenación (cruzamento de sangues), o sincretismo e a aculturación.

    4. Música creada en América pola poboación negra de orixe africana. Ao S dos EE UU os negros forxaron unha arte musical popular, de carácter relixioso (jubilee, gospel) e con fondas raizames africanas, ao carón doutra de carácter profano (Blues, cantos de traballo, etc). Esta arte folclórica constitúe o alicerce do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.

    2. Dise da familia de linguas africanas, segundo a clasificación de J. H. Greenberg, asimilable con algunhas modificacións á camito-semítica. A familia afroasiática subdivídese nas pólas seguintes: semítico, exipcio, bérber, cuixítico, omótico e chadiano.

    3. Conxunto de países de Asia e de África, unidos por lazos de solidariedade e pola súa común actitude fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. O bloque comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949), se ben nese momento era maioritariamente árabe-asiático. As liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955). Na Conferencia do Cairo (1957-1958), á que non asistiron algúns estados que acusaban a conferencia de procomunista, instituíuse unha organización permanente, a Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos (OSPA). Malia que a OSPA non se disolveu, nunca conseguiu reunir o conxunto de estados africanos e asiáticos debido aos múltiples motivos internos e externos de disgregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    2. Produto agrícola que foi acondicionado ou transformado industrialmente.

    3. Conxunto heteroxéneo de industrias e empresas que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización dunha gran diversidade de produtos de orixe vexetal ou animal destinados á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Freixo, no concello de Sarreaus, de 745 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena unidade de relevo de dirección O-L que se estende durante 2,4 km polo S da parroquia de Ambroa, no municipio da Irixoa. Forma parte dun batolito de granitos de dúas micas que xorde nun contexto de xistos da serie de Ordes. A súa máxima cota son os 518 m do monte Lagoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir o carneiro á ovella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Irixoa baixo a advocación de Santiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardorrománica dunha nave, cunha capela acaroada a cada lado, e cunha ábsida con columnas de basas e capiteis xa góticos que está situada na Irixoa. Rematando unha porta que conecta unha capela coa sancristía, aparece un tímpano semicircular adornado cun cuadrúpede de perfil que sostén cunha das patas flexionadas unha cruz de gran tamaño, cos brazos iguais e extremos ensanchados. Está flanqueado por un disco sen decoración e por dúas circunferencias sogueadas. É unha recreación dos tímpanos ornados cun Agnus Dei, e a súa cronoloxía sitúase arredor do 1225-1230.

    VER O DETALLE DO TERMO