"Spirit" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • Entidade bancaria con sede social en Lisboa fundada o 9 de novembro de 1880 por José Maria Espírito Santo Silva, a partir dunha oficina de cambios, reconvertida en banco en 1884. A fusión en 1937 co Banco Comercial de Lisboa creou o grupo Banco Espírito Santo e Comercial de Lisboa; a partir dese momento iniciou unha fase expansiva adquirindo participacións en sectores claves da economía portuguesa. En 1973 iniciou un proceso de internacionalización que o levou a abrir unha oficina de representación en París. Esta internacionalización acelerouse en 1974, cando a Revolução dos Cravos principiou unha política nacionalizadora, que o levou a organizar as súas actividades dende diferentes países como Brasil, EE UU, Suíza ou Francia. A partir de 1986 reiniciou a súa actividade en Portugal coa creación do Banco Internacional de Crédito e de Espírito Santo Sociedade de Investimento, que máis tarde se converteu en Banco ESSI. O retorno definitivo a Portugal produciuse en 1992, cando o grupo adquiriu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que se basea na crenza da existencia e manifestación dos espíritos, segundo a que, o home está constituído por tres elementos principais: a alma, inmaterial e inmortal, o corpo físico, elemento material, e o periespírito, co que se une a alma despois da morte; e que se pode comunicar cos espíritos da zona terrestre a través dun médium. O espiritismo representa unha forma actualizada da antiga práctica da evocación dos mortos. O movemento naceu en 1848 en Hydesville (Nova York), na casa da familia Fox, de relixión metodista, ao pórse en contacto cos fillos da casa, Margaret e Katie, o espírito dun morto que fora enterrado na adega polo seu asasino, o antigo inquilino. Favorecido polas cerimonias cuáqueras, non tardou en estenderse polo resto dos EE UU. No ano 1852, unha misión de médiums percorreu Inglaterra, onde suscitou un grande interese; ao ano seguinte chegou a Alemaña, e de alí pasou a Francia, onde xurdiron figuras tan importantes como Allan Kardec, gran sistematizador...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espiritismo.

    2. Persoa que profesa o espiritismo. Na tradición galega recibe o nome de corpo aberto, e pode referirse tanto á persoa que é posuída polo demo, ou polo espírito dun familiar, como ao médium que pode invocar os espíritos e transmitir as súas mensaxes. Cando o corpo aberto posuído é exorcizado, pasa a recibir o nome de corpo pechado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles. Nas distintas concepcións relixiosas, o concepto de espírito ligouse co de alma, xa que os dous son principios vivificadores. Afirmouse a existencia de espíritos na natureza, reflexo da actividade física e psíquica da persoa. Para algúns, este animismo sería o primeiro estadio histórico na formación dos sistemas relixiosos. As súas características serían a natureza incorpórea ou sutil, o carácter de transcendencia sobre a morte, e a facultade de dotar de vida a un ser e facelo un individuo. Na tradición filosófica occidental contrapúxose a idea de espírito á de natureza, no senso de que este é o principio ordenador e comprensible daquela. O espírito interpretouse como πεῦμα ou principio animador ou como νοῦζ, pensamento, razón e explicación. Na filosofía...

      2. Espírito Santo

        Unha das tres persoas do Deus cristián ( Trindade).

      1. Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo. OBS: Adoita empregarse en plural.

      2. espírito infernal/maligno/das tebras

        demo.

      3. espíritos vitais/animais

        Na filosofía antiga, espíritos que levaban a vida do corazón e do cerebro ao resto do corpo. Na tradición galega podían actuar como medio para transmitir o mal de ollo.

    1. Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.

    2. Ánimo ou valor para actuar.

    3. Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do SL do Brasil, situado nos contrafortes orientais da Serra dos Aimorés (46.184 km2; 2.802.707 h [estim 1996]). A capital é Vitória. Está drenado por numerosos ríos, entre os que destacan o São Mateus e o Doce. O clima, cálido e húmido, favorece a existencia dun denso bosque tropical con madeiras preciosas, como a do loureiro negro, da que é o primeiro exportador nacional. A poboación é máis densa cara ao S, con terras máis fértiles. A principal actividade económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de café, no val do río Doce, o cacao, a cana de azucre, o arroz e o millo. A aplicación de novas técnicas de cultivo situaron este estado entre os primeiros produtores de café do país. En canto ás industrias, existen pequenas fábricas do sector téxtil e alimentario, principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde suprema de cabalería do Reino de Francia, fundada por Enrique III en 1578 coa divisa Duce et aspide. Composta orixinalmente por cen cabaleiros escollidos polo monarca, que tiña o rango de gran mestre, dividíase en tres clases de individuos: grandes oficiais comendadores, oficiais e cabaleiros. Para formar parte dela esixíanse probas de nobreza. Suprimiuse en 1789 pero, trala Revolución Francesa, Luís XVIII confirmouna. Desapareceu despois da Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza bucal que se enrola en espiral plana, propia dos lepidópteros, que serve para libar o néctar das flores ou calquera outro zume nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica española realizada en 1973. Foi dirixida por Víctor Erice e interpretada por Ana Torrent, Fernando Fernán Gómez, Teresa Gimpera e Isabel Tellería. É a historia dunha nena moi sensible que queda impactada pola proxección dunha película. Destaca a fotografía de tipo impresionista e por ser a primeira película española en conseguir a Concha de Oro do Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico escolar aparecido na vila do Carballiño en 1935. Editárono os alumnos da escola graduada da localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da República de Vanuato, no Océano Pacífico, a máis grande do arquipélago, cunha superficie de 5.000 km2. De orixe volcánica, a maior parte da illa está cuberta por bosques e só o 9% da súa superficie está cultivada. A principal actividade económica é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión da orde franciscana (OFM), coñecidos tamén como fraticelli, que interpretaba rigorosamente a regra e o testamento de san Francisco. Xurdiu ao redor de Pierre Olieu, Ubertino de Casale e Pietro de Macerata, entre outros, que protestaron no Concilio de Lion (1274) contra a interpretación que a orde franciscana facía da pobreza, que cualificaban de laxa. En 1294 Celestino V permitiulles segregarse da orde e formar a congregación dos pobres eremitas celestinos, disolta rapidamente por Bonifacio III. Mesturáronse coas doutrinas escatolóxicas de Gioacchino de Fiore, e na súa prédica da pobreza evanxélica, propugnaron unha reforma da Igrexa, viciada segundo eles polos intereses temporais. Foron condenados polo papa en 1317.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertence ao espírito.

      2. Que non é material.

    1. Que ten un carácter relixioso.

    2. Que é delicado ou que revela gran sensibilidade.

    3. Membro do grupo dos Espirituais.

    4. Salmos relixiosos afroamericanos que cantaban os negros cristianizados dos estados do sur dos EE UU no s XIX. Inicialmente baseados na escala pentatónica, propia da África Occidental, sufriron fortes influencias do canto coral luterano e do gregoriano. Adoptaron unha estrutura dual na que un solista canta un verso e é respondido co mesmo texto por un coro. No s XX tiveron unha difusión universal e adquiriron carácter de música de espectáculo en mans de intérpretes como Golden Gate Quartet, Rosetta Tharpe ou Mahalia Jackson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de espiritual.

      1. Sensibilidade polos valores espirituais.

      2. Desenvolvemento da dimensión espiritual, fronte á natureza material ou corporal. A partir deste concepto xurdiron moitas escolas de espiritualidade, na maior parte dos casos vinculadas a unha personalidade ou a unha orde relixiosa concreta: así dentro do ámbito cristián, fálase, por exemplo, de espiritualidade franciscana, ignaciana ou beneditina, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que formula que o espírito é unha realidade substancial e, ao mesmo tempo, o substrato último das cousas e do mundo. Afirma tamén que na base espiritual do mundo prodúcese simultaneamente a inconsciencia total e a consciencia máis absoluta. Desenvolveron sistemas espiritualistas monistas G. W. Leibniz e R. H. Lotza, mentres que R. Descartes desenvolveu un espiritualismo dualista e G. Berkeley, un espiritualismo inmaterialista.

    2. Doutrina que afirma a primacía do espírito na explicación das funcións psíquicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espiritualismo.

    2. Que ou quen segue o espiritualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de espiritualizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer espiritual algo ou a alguén.

    2. Considerar algo como espiritual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos salmos relixiosos dos negros estadounidenses cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento que no espiritismo funciona como intermediario entre o mundo material (corpo) e o inmaterial (espírito), e que participa da natureza de ambos.

    VER O DETALLE DO TERMO