"Thor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • Familia católica húngara, documentada dende o s XIII. Hostil aos Habsburgo, varios dos seus membros foron príncipes da Transilvania. Cómpre salientar entre eles ao Rei de Polonia (1575), Estevo I Báthory de Polonia (1533-1586), e á súa sobriña, Isabel Báthory (1560-1614), á que se lle atribuíron crimes de vampirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico danés. Influenciado por T. S. Eliot e R. M. Rilke, do que foi tradutor. Publicou Stjernen bag gavlen (As estrelas detrás do frontispicio, 1974), Anubis (1955), Figur og ild (Figura e lume, 1959), Vibrationer (Vibracións, 1966), Ravnen (O corvo, 1968), Opror mod neonguden (Revolta contra o deus de neón, 1970) e Delfinen (O delfín, 1975). Profundamente analítico, presenta un estilo elaborado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do macizo do Monte Rosa, límite entre Suíza e Italia. Alcanza unha altitude de 4.160 m. Maynard escalouno por primeira vez en 1813.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Foi un dos cultivadores máis destacados da novela negra nos EE UU e nos seus relatos describe a corrupción da sociedade americana. Comezou a súa traxectoria literaria en 1939 coa novela The Big Sleep (O gran soño). Posteriormente publicou The Lady in the Lake (A muller no lago, 1943) e The Long Goodbye (O longo adeus, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vermello (Jaeren 940? - Brattalid 1010?) Explorador noruegués. Aínda que naceu en Noruega, viviu en Islandia ata ser condenado ao exilio por asasinato. Viaxou no 985 cara ao NO e descubriu as costas de Groenlandia, ás que deu ese nome pola cor verde dos seus prados litorais. En 998 volveu a Islandia en busca de colonos e regresou para instalarse alí, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico das montañas de Silvretta, nos Alpes Réticos, na fronteira austro-suíza (3.399 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade exipcia, filla e esposa do deus Ra. Soberana do Ceo e das árbores, é protectora da música, da danza, da alegría, do placer, do amor, da beleza, da fertilidade, das mulleres, dos navegantes, da necrópole e do mundo subterráneo. Adoitaba representarse como unha vaca chatolada de estrelas ou como unha muller con cabeza de vaca. Identifícase a miúdo con Isis e, na mitoloxía grega, coa deusa Afrodita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo e antropólogo noruegués. En 1947 dirixiu unha expedición que atravesou o Pacífico nunha balsa para demostrar a posible orixe americana da cultura polinesia. Entre 1954 e 1956 realizou diversas expedicións arqueolóxicas ao arquipélago de Galápagos e á illa de Pascua, no L do Pacífico. En 1970 embarcouse nunha nave de papiro, a Ra II, e cruzou o Atlántico partindo do N de África. Describiu as súas impresións nas obras Kont-Tiki’ Expedisjonen (1948), American Indians in the Pacific (1952), Aku-Aku: Paskeøoyas hemmelighet (1957) e The Tigris Expedition (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Gherardo della Notte, estivo en Italia (1620) e foi retratista da Corte. Marcado polo coñecemento de Caravaggio, pintou algunhas obras en claroscuro, que influíron na escola holandesa e, sobre todo, en Rembrandt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liber iudiciorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou no Pratt Institute de Brooklyn, á vez que produciu filmes underground, esculturas e colaxes. Influído por John McEndry, interesouse pola fotografía. Preocupouse polos temas clásicos e destacou polas súas imaxes de flores, retratos de destacados artistas e intelectuais da cidade neoiorquina e polos nus, que aparecen de forma natural e clásica, marcados pola liberdade. Especializouse en autorretratos con roupas de muller e colaxes con restos de imaxes que el mesmo recompilaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos monotremas, que presenta unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona de estrutura polipeptídica que é segregada polas células principais das glándulas paratiroide. Intervén no metabolismo fosfocálcico regulando a calcemia entre 9,5 e 10,5 mg por 200 cm3. A hipocalcemia estimula a súa liberación na circulación, onde ten unha tripla acción hipercalcemiante: no ril, incrementa a eliminación de fosfatos e, ao diminuír a fosfatemia, aumenta a calcemia; nos ósos, estimula a actividade osteoclástica e favorece a desmineralización, e no tubo intestinal, aumenta a absorción de calcio. OBS: Tamén recibe o nome de hormona paratiroide e paratormona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico de jazz. Coñecido como Sam Rivers, o seu estilo constitúe unha síntese de elementos tradicionais e o free-jazz. Colaborou con Miles Davis en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido (59.600 h [estim 1989]). Situada ao S do río Humber, entre Doncaster e Grimsby, experimentou unha forte expansión demográfica ao principio do s XX a raíz do desenvolvemento da industria de ferro e de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza bovina de carne orixinaria da conca do río Tees, no NL de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lóxico e matemático noruegués. Traballou no campo da resolución das ecuacións diofánticas, no estudo axiomático dos enteiros naturais e na caracterización dos automorfismos das álxebras simples. Na lóxica contribuíu ao desenvolvemento da teoría intuicionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1923 no marco do New Deal de Roosevelt, que construíu un sistema de presas reguladoras do río Tennessee que permitiu o aproveitamento da auga e posibilitou a industrialización e o crecemento económico dos estados que forman a súa conca hidrográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO