"Tiana" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cristianizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operador escalar universal que é o produto escalar do gradiente tetradimensional por el mesmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área ciclónica, parte da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire húmido e relativamente quente en comparación coa masa de aire ártica de latitudes superiores. Non é un centro de acción estacionario, senón que consiste nunha serie de depresións migratorias interrompidas por subas de presión. No inverno, cando é máis marcada, canaliza as perturbacións dende as costas xaponesas e siberianas ata Canadá e a rexión dos Grandes Lagos; provoca chuvias intensas na franxa costeira pacífica de América do Norte, modera a temperatura e, se consegue transpasar as Rochosas, envía o chinook por riba das chairas de sotavento. No verán a expansión do anticiclón das Hawaii faina imperceptible.
-
ILLAS
Arquipélago pertencente a Alasca, EE UU, que separa o mar de Bering do océano Pacífico. Constituída por unhas 150 illas e illotes volcánicos que, formando un arco semicircular, prolongan a península de Alasca en dirección á de Kamčatka. Inclúe o grupo das Fox (Unimak, Unalaska, Umnak), onde vive a maior parte da poboación, e Andreanof, Rat e Near. O clima é frío e húmido, dando lugar á formación de néboas. A súa poboación vive da pesca e da caza (principalmente focas) e da gandería ovina. Ocupadas polos xaponeses en 1942 durante a Segunda Guerra Mundial foron recuperadas polos EE UU no 1943. Actualmente constitúen un punto estratéxico da defensa dos EE UU, con bases militares e estacións de radar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade secreta católica fundada polo xesuíta Nikolaus Diessbach en Turín no ano 1778, que pretendía fomentar o apostolado nos medios intelectuais. Polo seu carácter secreto e reaccionario foi eliminada no ano 1803. Restaurada baixo o nome de Amicizia Cattolica (1817), foi disolta en 1828.
-
FILOSOFOS
Filósofo neopitagórico, presunto autor dunha Vida de Pitágoras e do tratado Iniciación e sacrificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego. Fillo de Héctor e Andrómaca. Despois da caída de Troia e a morte do seu pai, foi precipitado, sendo meniño, dende o alto dunha das torres da muralla de Troia por decisión dos xefes gregos, en especial Ulises. A súa morte foi obxecto de representacións pitóricas (vasos áticos) e tema literario (traxedias de Séneca e, posteriormente, Racine).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1939) Poetisa rusa. É autora de diversas coleccións de poemas, como Golos (Voz, 1970), Slog (Sílaba, 1973), Dve zari (Dúas mañás, 1978), Ten jabloni (A sombra da maceira, 1979) e Huso (1982).
-
GALICIA
Pintora. Explorou o plano como espazo ideal da ilusión, reforzando a estrutura xeométrica e usando o gravado calcográfico. Analizou a xeometría visual do espazo ao fragmentar as estruturas nunha ortogonalidade suxerida, máis ca presente, e creou mundos de arquitecturas insinuadas e puramente lineais onde case non empregou a curva. Da súa produción destaca a serie Cadrados (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das solanáceas, que inclúe plantas de América tropical e de Oceanía, das que se obtén o tabaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Kalimamantan Occidental, situada na illa de Borneo, Indonesia, nunha das bocas do río Kapuas (459.100 h [1996]). O seu porto rexistra un notable volume de exportacións de copra, caucho e madeira para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que provén do latín Sallustianus, patronímico de Sallustius, do latín sallustius ou salustius ‘saudable’, probablemente derivado de salus ‘saúde’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’, que á súa vez procede de sébas, ‘veneración, reverencia’. Sebastós era un dos títulos que se lle daba ao emperador e aos membros da súa familia. Presenta as variantes Sebaschán e Bastián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que se introduciu a través do influxo da novela en verso Jevgenij Onegin (1825-1832) de A. S. Puškin, polo nome da protagonista. Procede do latín Tatiana, forma feminina de Tatianus, derivado de Tatius, de orixe sabina, posiblemente relacionado con formas infantís de chamar polo pai. Presenta a variante Tania.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (6.082 h [2001]). Destaca a industria téxtil, con certa tradición, e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO