"Unión Europea" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado, firmado o 7 de febreiro de 1992, polo que se ratificaban os acordos da reunión do Consello Europeo celebrada na cidade de Maastricht en decembro de 1991. Modificou ou complementou acordos anteriores como o de París e Roma ou a Acta Única Europea, para dar paso á constitución da Unión Europea. Supuxo un avance en política exterior, defensa común, nas competencias do Parlamento Europeo e a Comisión, nas forzas de cohesión, na cooperación xudicial, no dereito de voto e de candidatura nas eleccións xudiciais e europeas e na unión económica e monetaria. O tratado implicou, coa súa entrada en vigor (1993), a reforma das constitucións nos diferentes estados. As dificultades para o cumprimento dos acordos subscritos, e a incapacidade para a formulación dunha actuación comunitaria en política exterior e seguridade, levaron á celebración da Conferencia Intergobernamental de Reforma (marzo 1996). En 1997, o Consello Europeo elaborou o Tratado de Amsterdam, unha revisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional cuxa orixe se remonta ao discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 polo ministro de Asuntos Exteriores francés Robert Schuman, que foi quen propuxo a súa creación. A idea xurdiu a consecuencia da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de evitar novas matanzas e destrucións. Constituíuse oficialmente en 1958 coa entrada en vigor do Tratado de Roma, baixo o nome de Comunidade Económica Europea (CEE) e inicialmente estaba composta por Bélxica, República Federal de Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. En 1973 sumáronse Dinamarca, Reino Unido e Irlanda; en 1981 Grecia e en 1986 España e Portugal. En 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastrich, simplificou o seu nome no de Comunidade Europea (CE) e introduciu novas formas de cooperación entre os membros, especialmente en defensa e asuntos de xustiza e interior. Deste xeito, creouse unha nova estrutura con tres piares de contido, tanto político como económico, que deron lugar á Unión Europea. Nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo monetario establecido en 1950 polos países integrantes da OECE, para facilitar as relacións comerciais entre eles. Tivo como obxectivo a substitución do sistema bilateral de pagos pola multilateralidade, así como remediar a escaseza de dólares fronte ás crecentes transaccións. Con este fin estableceu a compensación de pagos internacionais, no espazo e no tempo, e a concesión de créditos aos países deficitarios. O retorno á convertibilidade das moedas supuxo a substitución da UEP polo Acordo Monetario Europeo (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de Maastrich.

    VER O DETALLE DO TERMO