"Vaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 165.

  • PERSOEIRO

    Franciscano que desempeñou importantes cargos na súa orde. Orador distinguido, colaborou en El Eco Franciscano, do que chegou a ser subdirector. Entre as súas obras cabe citar Páginas espirituales de vida sobrenatural (1925), Leyenda de San Francisco de Asís escrita por tres de sus compañeros (1927) e Suma espiritual para las almas religiosas (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou no Seminario de Ourense, do que foi profesor. Na súa xuventude colaborou en xornais ourensáns (La Nueva Época, La Región) onde deu a coñecer a maioría da súa obra poética recollida despois da súa morte no volume Poesías religiosas (1944), onde se recollen dous sonetos en galego “Diante do Sagrado Corazón da Trinidá” e “Teño dúas nais! (Morriña do ceo)”. Autor dunha produción de carácter relixioso, da que podemos destacar La tercera orden de San Francisco y la juventud (1914) e Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago, Dr. D. Manuel Lago González (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No s XIX desenvolveu o seu labor como mestre de ensino primario en varias localidades galegas antes de pasar á Escola Normal de Mestres de Ourense como rexente. Publicou Tratado de Aritmética, seguido de nociones de Geometría, para todos los alumnos que concurren a las diversas escuelas y colegios de primera enseñanza (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Khuzestán, en Irán, próximo a Rud-e Karun (828.380 h [1994]). Importante centro de comercio árabe na época medieval, experimentou un rápido desenvolvemento durante o s XX a causa da súa situación na liña do ferrocarril transiraniano e a súa proximidade cos campos petrolíferos da provincia. É, tamén, un nó de estradas é de oleodutos. Ten universidade e aeroporto. En 1980, durante a Guerra Irán-Iraq, as súas industrias e liñas de comunicación foron seriamente danadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Realizou estudios musicais en Vigo e Santiago de Compostela, dedicándose dende moi novo á crítica musical. Colabora en diversos teatros e auditorios galegos en temas de divulgación musical (programas de man, conferencias). Socio fundador e secretario da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director adxunto e colaborador da revista musical Cavatina, primeira revista galega dedicada á ópera. Colabora en diversos xornais e revistas especializadas (Scherzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •  Profesor emérito de estudos hispánicos na Brown University e doutor en Leis. Foi director de estudos graduados no Departament of Hispanic Estudies (Brown University), director do Centro de Estudios Latinoamericanos (Brown University), presidente da Asociación internacional de Valleinclanistas, vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas, directivo do Instituto Internacional de Literatura Iberoamericana e directivo da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Obtivo a Orde de don Quijote da Sociedad Nacional Hispánica. Escribiu numerosos traballos e varias edicións sobre aspectos da literatura colonial e da literatura moderna hispánica, desde o s XVI ao XX, entre eles Gabriel Lobo Lasso de la Vega. Mexicana (1970), Estudios sobre el teatro antiguo hispánico y otros ensayos (1971), Homenaje a Juan López-Morillas. De Cadalso a Unamuno: ensayos sobre literatura e historia intelectual...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e teólogo. Investigador especializado en etimoloxía histórica, toponimia, epigrafía e arqueoloxía galega. Os seus traballos están centrados no ámbito galaico, onde son salientables as súas contribucións á toponimia de Lugo na revista Lucensia. En 1937 ingresou no Seminario Diocesano, onde cursou estudos de Humanidades e Filosofía; logo trasladouse á Universidade Pontificia de Comillas (Santander) e obtivo a licenciatura en Filosofía e Teoloxía. Ordenouse crego en 1951 e durante dous anos rexeu a parroquia de San Cristovo da Cervela (O Incio). Dende o 1955 ata a súa xubilación en 1997, exerceu o seu maxisterio de Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano. Membro da Xunta do Museo Provincial e director do Museo Diocesano, colaborou habitualmente en diferentes publicacións: El Progreso (Lugo), Archivo Español de Arqueología,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Licenciado en Dereito pola Universidad CEU San Pablo (Madrid), centrou inicialmente a súa actividade nos investimentos en metais e outras materias primas, para logo dedicarse a sociedades de valores no Banco Hispano Americano nos anos 80 e no Grupo Banco Popular Español nos 90. Ademais da súa actividade financeira, publicou dúas novelas (Bucoleón e Traficantes, soñadores y náufragos) participou no programa Visión Global de Radio Intereconomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine e fotógrafo. Na primeira metade dos anos 20 desenvolveu as súas primeiras investigacións fotográficas ao redor dun novo procedemento de cine en cor, que foi finalmente patentado en 1925. Realizou ese mesmo ano en Pontevedra as primeiras demostracións públicas dun sistema que se encontraba co inconveniente da súa velocidade de proxección. É así como concibiu e realizou o documental Pontevedra, cuna de Colón (1927), onde defendía a tese da orixe pontevedresa do descubridor de América. Concibe logo un novo sistema de cor, esta vez bicromático, co que filmou unha segunda versión deste mesmo título (1930); é esta unha película lastrada polo seu exceso de rótulos explicativos, cun argumento supeditado a servir de soporte aos experimentos cromáticos do seu realizador. En 1932 constituíu co seu irmán Ramón e co pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que sacou adiante un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Froitos desta iniciativa serán documentais como Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e guionista, irmán do tamén realizador e fotógrafo Enrique Barreiro. Colaborou con este nas súas primeiras experiencias coa fotografía cinematográfica en cor e co documental Pontevedra, cuna de Colón. Participou tamén na fundación da produtora Folk en 1932. A produtora estivo vencellada á intelectualidade nacionalista galega do momento. Rematada esta experiencia de Folk polas desavinzas familiares e polas dificultades para impoñer os noticiarios nas salas galegas, trasladouse a Madrid en 1935. Alí estudiou música, dirixiu unha empresa de mensaxería e dedicouse á fotografía publicitaria, colaborando por exemplo coa revista Vogue. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e xa en 1936, o notable e prestixioso Velázquez. Esta especialización no xénero documental continuou ao longo da Guerra Civil coa realización da curtametraxe Madrid heroico (1936), producida polo anarcosindicalista SUICEP. A súa afiliación republicana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou Deseño e Decoración en Madrid. Nos anos setenta asentouse en Galicia. Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense. Traballa tanto sobre madeira como sobre aceiro, na procura dunha escultura arquitectónica onde os efectos sobre os materiais sinteticen as formas case abstractas dos apeiros de labranza. A influencia de Oteiza ou Chillida reflíctese no tratamento dos espacios interiores e exteriores das súas pezas, moitas veces resoltas seguindo fórmulas industriais. Expuxo na Mostra Atlántico-83 e na Expo-92 de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou en 1762 a carreira militar. Un ano máis tarde participou na invasión de Portugal e logrou o favor do conde de Aranda. Foi un exemplo literario da transición entre o neoclasicismo (Sancho García, 1771; Ocios de mi juventud, 1773) e o prerromanticismo (Noches lúgubres, 1790), e expresou a súa mentalidade europeizante na obra satírica Los eruditos a la violeta (1772). Amosouse tamén crítico en Cartas marruecas, a súa obra máis importante, publicada por entregas no Correo de Madrid entre o 14 de febreiro e o 25 de xullo de 1789, e cunha segunda edición en 1723, baseada en Les lettres persanes (As cartas persas) de Montesquieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela no 1945 e tamén realizou estudios de peritaxe mercantil. No 1961 fundou, xunto co seu marido Antón Beiras, o colexio Rosalía de Castro de Vigo onde puxo en práctica as novas técnicas pedagóxicas recomendadas pola UNESCO, os métodos de Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea; ademais prestou especial atención á lingua e cultura galega. No 1967 comezou a súa relación coa asociación catalá de mestres Rosa Sensat, centrada na investigación pedagóxica. A partir de aquí, nos primeiros anos setenta, celebráronse en Vigo varios cursos pedagóxicos con profesorado catalán desa asociación. Por todo o seu labor docente recibiu unha homenaxe, promovida pola asociación Rosa Sensat, en Barcelona o 5 de xullo de 1999 e tamén, nese mesmo ano, foi homenaxeada pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu dúas obras inéditas: O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escribán e navegante portugués. Membro da flota de Pedro Álvares Cabral, foi o autor da carta que anunciaba o descubrimento do Brasil (1500) e o primeiro en describir os indios e a natureza do novo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Na súa xuventude viviu en Lisboa onde frecuentaba a corte real. Despois de estar preso no cárcere do Tronco a causa dunha rifa cun empregado da corte, marchou para Oriente cara ao 1552. Dirixiuse a Moçambique en 1567 e volveu a Lisboa de novo en 1569. A súa obra abrangue todas as correntes artísticas e ideolóxicas do Portugal renacentista e as súas composicións líricas e mesmo as cartas, recollidas en cancioneiros particulares manuscritos, foron publicadas postumamente. En vida publicou o soneto “Vós, ninfas da gangética espessura”, e a oda e a elexía “Depois que Magalhães teve vencida”, inda que tamén é probable que escribise o soneto titulado “Ditosa pena como a mão que a guia”. A temática camoniana abrangue dende o amor, a morte, a relixión, a natureza, o destino, o paso do tempo ata a historia de Portugal. Coa súa lírica estableceu unha síntese entre a tradición peninsular e as innovacións métricas e estilísticas das tendencias italianizantes. Evitou o aristocratismo rebuscado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.

    VER O DETALLE DO TERMO