"gonis" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. Músculo que contribúe á realización dun movemento ou acción.

    2. Droga, hormona ou substancia transmisora que ten relación de complementariedade cun receptor, para provocar unha resposta.

    3. Persoa que practica o deporte da loita.

    4. Na antiga comedia grega aristofánica, diálogo conflitivo entre dous personaxes sobre un tema relevante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás loitas dos atletas.

    2. Ciencia e arte da loita deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de loita, de rivalidaden e de oposición.

    2. Inhibición ou interferencia dun organismo no crecemento doutro. O antagonismo pode ser por antibiose, por parasitismo ou por depredación e por competencia.

    3. Acción oposta de substancias, órganos ou sistemas do organismo como, por exemplo, o bíceps respecto do tríceps.

    4. Na absorción selectiva das substancias disoltas do solo por parte das raíces, acción negativa dos ións dun elemento sobre a absorción do outro, por exemplo, a obstaculización da absorción dos ións potasio por parte dos ións calcio, cando abundan.

    5. Acción ou efectos dun medicamento opostos aos doutro. Iso pode estar motivado, ou ben por reacción química entre eles, ou ben polo feito de que actúan de forma oposta sobre un mesmo substrato orgánico.

    6. Inhibición ou interferencia mutua entre dous ións diferentes en todo o que fai referencia á súa acción biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se atopa en loita, en oposición a outro.

    2. Que presenta antagonismo.

    3. Composto natural ou sintético que interfire a síntese ou a función dunha substancia por un mecanismo de competencia. Na cinética enzimática recibe tamén o nome de antimetabolito.

    4. Personaxe que nunha obra de fición, tanto na literatura como no cine, se opón á figura do protagonista.

    5. Resorte de retorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actor que representaba o segundo papel no teatro grego, pois a acción dependía do protagonista, do coro e desta nova figura que introduciu Esquilo. A creación desta figura supuxo maiores posibilidades para o desenvolvemento da acción dramática e o diálogo, fronte á forte narratividade inicial que presentaban os espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo inferior do pico das aves dende o ángulo da mandíbula ata a punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de protagonista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe principal dunha obra literaria, dramática ou cinematográfica.

    2. Persoa que asume o papel principal nun asunto calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO