"hum" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 173.
-
PERSOEIRO
Nobre mourisco granadino. No ano 1568, logo de abdicar do Cristianismo, uniuse á rebelión dos mouriscos das Alpujarras, que o elixiron rei polos seus antecedentes omeias. Foi asasinado polo seu curmán Aben Aboo, quen se apropiou do seu título de Rei dos andaluces. O seu nome cristián era Fernando de Córdoba e Válor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Posuír características semellantes ao chumbo.
-
Ter moito peso, coma o chumbo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de endoarterite tóxica, posiblemente de orixe alimentaria, caracterizada pola necrose e a caída indolora dos dedos das mans e dos pés producida por unha contracción fibrosa progresiva e lenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das gramíneas ao que pertence a lesta.
-
PERSOEIRO
Crítico, teórico, guionista e realizador cinematográfico italiano. Estudiou especialmente o cine soviético revolucionario. Foi un dos promotores do Neorrealismo. A súa teoría desenvolveu as intuicións dos teóricos influídos polo materialismo dialéctico e aplicounas á cultura italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Tailandia. Noveno monarca da dinastía Rama. Sucedeu ao seu irmán Ananda Mahidol (1946). Foi coroado en Bangkok no 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land do Rin do norte de Westfalia, Alemaña, na chaira entre o Ruhr e o Emscher (395.837 h [1998]). Situada na conca industrial do Ruhr, comezou a súa expansión como centro mineiro. Entre as principais industrias cómpre subliñar as fundicións, industrias do aceiro, a construción de automóbiles (Opel) e de maquinaria. Mencionada por primeira vez ao final do s IX, recibiu o título de cidade no ano 1321. No 1461 formou parte do ducado de Kleve e ao principio do s XVII pasou a Brandenburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Humphrey DeForest Bogart.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘fumador’.
-
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu no mes de agosto de 1978 na Coruña, co subtítulo de “Boletín Informativo. VI Certamen Internacional de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Aproveitando a celebración deste certame de cine, a asociación ACICO editou esta revista co obxectivo de informar os asistentes sobre as proxeccións. Acollía, dende novidades do celuloide, ata unha sección infantil ou novas sobre as películas a concurso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia, na Rexión Nororiental (12.778 km2; 1.086.726 h [estim 1993]). A capital é Chaiyaphum (23.400 h [1993]).
-
-
Peza metálica en forma de anel ou de argola que fai de soporte para a árbore, tamén metálica, que xira no seu interior, xeralmente composta dunha caixa e da chumaceira propiamente dita. Os principais tipos de chumaceiras son as de fregamento e as de rodamento. Nas primeiras, a árbore xira fregando a superficie lubrificada da chumaceira, que actúa amortecendo as oscilacións, os golpes e os ruídos; estas chumaceiras están revestidas interiormente dun material antifricción (metal branco, bronce, metal lixeiro, etc). Segundo a dirección do esforzo, as chumaceiras son de impulso transversal ou de impulso lonxitudinal. Nas chumaceiras de rodamento, chamadas impropiamente rodamentos, a árbore xira conxuntamente co anel que leva ensamblado, mentres que un número determinado de elementos (bólas, roletes, barriletes ou agullas) rodan sobre a superficie exterior deste anel ou sobre a superficie interior doutro anel axustado exteriormente á caixa ou soporte....
-
Cada unha das pezas de madeira, colocadas na parte de abaixo do carro, entre as que se encaixa o eixe.
-
Táboa de madeira pequena colocada no bordo das embarcacións e na que se chanta o tolete.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas arqueadas de madeira que se colocan lateralmente baixo o carro e entre as que se encaixa o eixo.
-
PERSOEIRO
Poeta mexicano. Fundou e dirixiu a revista Tierra Nueva (1940-1942). A súa poesía evolucionou dende a espontaneidade (Páramos de sueños, 1944) ata o hermetismo formal posterior que plasmou en Imágenes desterradas (1948) e Palabras en reposo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘xarro’.
-
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebido’.
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘ledo’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedeira’.