Comatas
Comatas
[MIT]
Pastor de Turios, no golfo de Tarento. Adoitaba coller ovellas do seu amo para ofrecérllelas ás musas como sacrificio. O dono do rabaño, anoxado coa súa conduta, pechouno nun sarcófago de cedro pero logrou sobrevivir grazas ao mel que lle daban as abellas.