Comisión do Pacífico Sur
Comisión do Pacífico Sur
Organismo internacional fundado en Canberra en 1948 por Australia, os Países Baixos, Nova Zelanda, Francia, Gran Bretaña e os EE UU, coa finalidade de coordinar programas de desenvolvemento económico e de cooperación ecolóxica, médica e educativa entre os estados ribeiregos do Pacífico sur. Os Países Baixos deixaron de formar parte desta organización en 1962. En 2000 contaba con 27 estados membros. Os seus principais órganos son a Conferencia do Pacífico Sur, que se reúne anualmente, o Comité de Representantes dos Gobernos e das Administracións, e o Secretariado, con sede en Nouméa (na colonia francesa de Nova Caledonia).