comisión
(< lat commissione ‘acción de confiar os xogos a alguén’)
-
s
f
Labor que se lle encomenda a alguén.
Ex: O embaixador recibiu a comisión de negociar un novo acordo de pesca.
Confrontacións: encomenda. -
s
f
Reunión de persoas delegadas temporalmente para facer algunha cousa ou tomar resolucións en nome dun grupo maior.
Ex: A asociación nomeou unha comisión para ir negociar co concello.
Sinónimos: comité. Confrontacións: delegación. -
s
f
Retribución que se cobra por realizar unha operación comercial, que adoita ser proporcional ás transaccións ou vendas efectuadas; especialmente, refírese á cantidade que cobra o intermediario nun negocio de compravenda.
Ex: Os nosos vendedores reciben unha comisión do dez por cento.
-
s
f
[DER]
Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial no que están representados proporcionalmente un organismo máis numeroso, tales como as comisións delegadas do goberno, a comisión xurídica asesora e a comisión municipal permanente, entre outras.
-
comisión constitucional
[POLÍT]
Comisión parlamentaria que ten a función de redactar ou revisar un texto constitucional. A comisión encargada de redactar a Constitución española de 1978 estivo integrada por Gabriel Cisneros, Miguel Herrero de Miñón e José Pedro Pérez Llorca, pola Unión de Centro Democrático (UCD); Gregorio Peces-Barba, polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE); Jordi Solé Tura, polo Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC); Miquel Roca, pola Minoria Catalana; e Manuel Fraga Iribarne por Alianza Popular. Desenvolveu as súas funcións entre o 2 de agosto de 1977 e o 10 de abril de 1978, data na que se asinou o borrador do texto constitucional, para reanudárense o 5 de maio co nome de Comisión de Asuntos Consitucionales y Libertades Públicas del Congreso, baixo a presidencia de Emilio Attard, e no mes de xullo comezaron os debates no pleno do Congreso de los Diputados.
-
comisión de goberno
[POLÍT]
Órgano dos concellos integrado polo alcalde e por un número de rexedores non superior á terceira parte dos concelleiros. Ocúpase da coordinación das funcións executivas e da asistencia ao alcalde (que nomea os membros da comisión) e ten as atribucións que estes e o pleno lle deleguen.
-
comisión de servicios
[DER]
Situación dun funcionario público que, de maneira temporal e con autorización previa, presta os seus servicios nun posto de traballo diferente ao que lle corresponde ou desempeña funcións distintas das que lle son propias e específicas.
-
comisión mercantil
[DER]
Contrato polo que unha persoa (comisionista) efectúa un acto de comercio, en nome propio ou alleo, por conta doutro (comitente), e recibe a cambio unha retribución.
-
comisión parlamentaria
[POLÍT]
Órgano de traballo de cada unha das cámaras lexislativas, integrado por un número reducido de membros en representación dos diferentes grupos parlamentarios en proporción á súa importancia na respectiva cámara. Por regra xeral hai catro tipos de comisión: as permanentes lexislativas e non lexislativas, as de investigación e as extraordinarias. Normalmente teñen unha función de instrución das cuestións que se someterán a debate e resolución do pleno da cámara, pero excepcionalmente poden aprobar con carácter definitivo determinadas leis.
-
comisión rogatoria
[DER]
Solicitude que un tribunal fai oficialmente ás autoridades competentes doutro Estado para que execute un acto de instrución ou efectúe unha dilixencia.
-
s
f
Acción de cometer.
Ex: Atribuíuselle a comisión do secuestro a un inocente.
Frases feitas
-
Traballar/vender a comisión loc adv Por conta allea, cobrando unha porcentaxe.