Comisión do Océano Índico

Comisión do Océano Índico

Organización internacional fundada en 1984 con sede en illa Mauricio. Fórmana as Comores, Madagascar, illa Mauricio, illa da Reunión e as Seychelles. Os seus fins son a cooperación diplomática, económica, comercial e cultural entre os países membros. Os seus órganos de goberno son o Consello de ministros, o Comité de Servicios Permanentes de Enlace, a Secretaría Xeral e os Comités de Xestión.

Palabras veciñas

comisario -ria | comiscar | comisión | Comisión do Océano Índico | Comisión do Pacífico Sur | Comisión dos 16 | Comisión dos 9