Consello da Entente

Consello da Entente

Organización económica de África occidental, creada en 1959 co obxectivo de promover o desenvolvemento dos países da zona de ocupación francesa. Fundárona Benin, Burkina Faso, Costa de Marfil e Níxer; en 1966 incorporouse Togo. Procura obter fondos para a concesión de axudas económicas, para o que puxo en marcha un Fondo de Axuda Mutua e de Garantía de Préstamos.