Coral Polifónica Hospital Xeral-Calde de Lugo

Coral Polifónica Hospital Xeral-Calde de Lugo
[MÚS]

Formación coral constituída por traballadores do Hospital Calde de Lugo, ou moi vinculados a el, co obxectivo de facer máis levadeira a estancia dos enfermos no hospital. Fundada en 1991, estivo baixo a dirección de Xosé Cancio Sanjuán ata que en 1993 relevouno Fernando Gómez Jácome. Realizou actuacións en toda Galicia e participou en diversos festivais. Na súa traxectoria musical destaca un concerto coa Orquestra de Cámara de Xove, a serie de concertos que ofreceu en Notre-Dame de S. D. Casa de Galicia e outros centros de París co gallo do Día das Letras Galegas no 2000; e a misa internacional na Basílica de San Pedro en Roma no ano 2002. Da súa discografía destaca Dez anos cantando (2001). Entre os seus galardóns, destaca o Premio de TVG e a consellería de Cultura do programa Con Música propia (1996) e o III Premio do Certame de Corais Galegas Vila de Marín (1999).