corporal

corporal

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao corpo.

      Ex: Os cursos de expresión corporal axudan a mellorar a autoestima.

    2. pena corporal [DER]

      Pena aplicada sobre a vida ou a integridade física do condenado. En España quedou abolida coa promulgación da Constitución de 1978, que prohibe as torturas e os tratos inhumanos ou degradantes.

  1. adx

    Destinado ao corpo.

    Ex: Comprei xel e mais leite corporal.

  2. s m [RELIX]

    Pano branco que o sacerdote estende sobre o altar para pousar nel o cáliz e a hostia.