Diario Ferrolano, El
Diario Ferrolano, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Ferrol a partir do 9 de febreiro de 1867. Subtitulouse “Periódico de Ciencias, Comercio, Industria y Navegación”. Editábase diariamente agás os seguintes a festivos e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Dirixido por Xoán Antonio Lacaci, figuraban como redactores Ventura Pueyo e o propio director. Contou tamén coa colaboración de Benito Vicetto. De carácter administrativo, trataba fundamentalmente temas locais. En febreiro de 1868 adheriuse ao partido progresista e introduciu máis contidos políticos. A partir da Revolución de Setembro de 1868 cambiou a súa denominación pola de La Voz del Pueblo.