dramaturgo -ga
dramaturgo -ga
(< grδραματουργός)
-
s
Autor de obras de teatro. O termo comezou a usarse a partir do s XVIII no lugar de poeta, que se aplicou durante os ss XVI e XVII aos creadores, mentres que autor se reservaba para o director da compañía teatral, encargado da contratación e preparación de actores, e da selección dos textos. En 1787 Jean-François Marmontel denominou a William Shakespeare “o gran modelo dos dramaturgos”. Desde a década dos sesenta do s XX, xurdiu como unha nova figura que conxuga as funcións do autor español do Século de Ouro, co dramaturg alemán: ocúpase da selección do texto, do seu estudio e adaptación á posta en escena, da supervisión dos ensaios, e do seguimento da montaxe da representación.
-
s
Persoa que se dedica á dramaturxia.