Editorial Lar

Editorial Lar

Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 e dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. Como continuadora do labor iniciado pola Editorial Céltiga, dedicouse á publicación de narrativa, poesía e teatro. Nela participaron numerosos autores vencellados ás Irmandades da Fala, á xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos. Publicaba quincenalmente co seu selo unha obra de narrativa curta e xunto coa Colección Céltiga formou parte do proxecto que pretendía crear publicacións accesibles que fomentasen a lectura en galego. Das portadas e das ilustracións responsabilizouse Camilo Díaz.