entalla

entalla

(

  1. s f

    Corte feito para encaixar algunha cousa.

    Ex: Tes que facer a entalla máis profunda para que as madeiras encaixen ben.

    Sinónimos: entalladura.
  2. s f

    Cada unha das partes saíntes do xugo, onde vai suxeita a corda coa que se unen os animais ao carro ou arado.

    Sinónimos: camallón, camarzón, castelo.
  3. s f

    Adorno artístico feito na madeira.

    Confrontacións: entalladura.
  4. s f

    Xema traballada en oco. A súa orixe está en Exipto e Mesopotamia, pero os gregos e romanos perfeccionaron a técnica. Empregábase para a realización de selos e en aneis.

Palabras veciñas

entalameirar | entalar | entalecer | entalla | entallada | entallado -da | entallador -ra