Faro-Miño

Faro-Miño

Periódico mensual aparecido en Bos Aires a partir de 1924. Editado pola Asociación de Chantada y su Partido, tiña unha tiraxe de 3.000 exemplares. Ademais do seu numeroso consello editorial, contaba cunha ampla rede de correspondentes en América e Galicia. Incluíu novas sobre a sociedade editora e sobre a comarca de Chantada, xunto con fotografías de diferentes paisaxes de Galicia.

Palabras veciñas

Faro, O | Faro, serra do | Faro-Miño | Faro-Miño | farol | Farol, El | Farol, El