farol

farol

(< faro)

  1. s m
    1. Aparato pórtatil que consta dunha caixa, xeralmente metálica, cunha ou dúas caras transparentes ou traslúcidas, dunha fonte luminosa que pode ser de combustión ou eléctrica, e que se emprega para iluminar, indicar unha posición ou facer un sinal.

    2. Aparato que se emprega para iluminar unha vía pública, conta cunha fonte luminosa, xeralmente eléctrica ou de gas, colocada nunha caixa cunha parte transparente ou cun reflector, fixada sobre un pau vertical de ferro, formigón, madeira, ou ben fixada á parede dun edificio.

  2. s m
    1. Dito ou feito enganoso ou falso co que se pretende presumir ou fachandearse.

      Ex: Todo o que lle contou ás rapazas sobre el era un farol.

    2. [XOGO]

      Xogada feita para desorientar ao contrario nos xogos de cartas que consiste en facer simular que se ten un bo xogo cando non é así.

  3. s m

    Marisco, especialmente boi, centola ou nécora, con moita auga e escasa comida.

  4. faroliña dos caicoos

    Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘estrela’.

Palabras veciñas

Faro, serra do | Faro-Miño | Faro-Miño | farol | Farol, El | Farol, El | Farola, La