Frisia

Frisia
Nome científico: [neerl: Friesland]

Provincia dos Países Baixos (5.741 km2; 621.000 h [estim 1999]). A capital é Leeuwarden. Limita, ao L, con Groningen e Drenthe, ao SL, con Overijssel, e ao O e ao N, co lago de Ijssel e o mar do Norte. Inclúe catro das illas Frisonas occidentais. Os terreos de arxila proporcionan bos pasteiros para as vacas frisonas, dunha gran produción leiteira. Cultívanse patacas, trigo e remolacha. A única gran cidade é a capital.