hertziano -na
hertziano -na
(< hertz)
-
adx
Relativo ou pertencente a H. Hertz ou ás súas teorías sobre as ondas.
-
adx
Aplícase aos fenómenos relacionados coas oscilacións eléctricas estudiadas por H. Hertz.
-
ondas hertzianas
[FÍS]
Ondas electomagnéticas de frecuencia inferior á das ondas ópticas. Adóitase fixar convencionalmente o límite superior en 3.000 GHz. O seu descubrimento confirmou a teoría electromagnética de Maxwell e abriu o camiño para o desenvolvemento da radio e a telegrafía sen fios.