litúrxico -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente á liturxia.
-
movemento litúrxico
[RELIX]
Corrente de renovación da vida e da espiritualidade sacramental da Igrexa en conexión con outros movementos cristiáns, como o bíblico ou o ecuménico. Prosper Louis Pascal Guéranger, abade do mosteiro de Solesmes, foi o seu iniciador. Lambert Beauduin iniciou a partir de 1909 o aspecto propiamente pastoral do movemento litúrxico, aspecto que logo foi adaptado ás terras de fala alemá polo austríaco P. Parsch. Este movemento culminou nas reformas realizadas no Concilio Vaticano II, sobre todo na adopción das linguas vernáculas na celebración da liturxia. Desenvolveuse en tres aspectos: o pastoral (destacou o cardeal Lercaro), o teolóxico (con figuras como I. Herwegen, O. Casel, R. Guardini e C. Vagaggini), e o da investigación histórica (con A. Baumstark, J. A. Jungmann e B. Botte).