Pérez Parallé, Xosé María

Pérez Parallé, Xosé María

Escritor. Formado en filosofía e letras, dereito e maxisterio en Santiago de Compostela, pertenceu ao Centro Obrero de Cultura e á Sociedad Artística Ferrolana. Colaborador de El Compostelano e El Eco de Galicia, foi un dos cofundadores da revista Abrente. A súa obra caracterizouse por unha liña de carácter tradicional con trazos propios das tendencias descritivas de principios de século e con elementos populares. Da súa produción destacan Mariñanas (1961), en que se inclúen composicións premiadas no Certamen Candilejas (1960); Non falarei, non (1977) premiada en Guimarães (1975); Cartafol da saudade (1983), Dorna romeira (1985), premiada nos Xogos Florais de Pamplona (1969); Chanteiro (1990) e Poemas, cantigas (1995). Escribiu tamén as pezas dramáticas O rodicio (1977), A subela (1982) e Parladoiro (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso