présa

présa

(< lat prĕssa, depremĕre)

  1. s f

    Rapidez con que algo sucede ou se fai.

    Sinónimos: apresuramento, apuro, precipitación.
  2. s f

    Necesidade ou desexo de facer algo o antes posible.

    Sinónimos: apuro.

Frases feitas

  • Á(s) présa(s) loc adv Con rapidez e precipitación.

  • Canta máis présa, máis vagar. Indica que para que as cousas saian ben hai que facelas amodo e con xeito.