apuro
apuro
(< apurar)
-
s
m
Acción de apurar.
Ex: Con tantos apuros por un lado e polo outro, non dou feito o que realmente debería facer.
Sinónimos: présa. -
s
m
Situación complicada que implica unha solución xeralmente difícil.
Ex: Están en graves apuros económicos, polo tanto debemos axudalos na medida do posible.
Sinónimos: aperto. Confrontacións: dificultade. -
s
m
Sensación de vergoña ante determinadas persoas ou circunstancias.
Ex: Que apuro pasei cando tiven que subir ó escenario!
Confrontacións: reparo, vergoña.