pugna

pugna

(< lat pugna)

  1. s f

    Enfrontamento entre persoas, nacións, bandos ou ideas.

    Ex: Seguen as pugnas entre os veciños.

    Confrontacións: disputa.
  2. s f

    Situación ou circunstancia en que existe unha forte rivalidade entre persoas ou cousas.

    Ex: Dentro do partido hai unha forte pugna por conseguir o poder.

  3. s f

    Esforzo ou traballo que pasa alguén para conseguir algo.

    Ex: Toda a súa vida foi unha pugna por lograr o éxito.

    Sinónimos: loita, pelexa.