rico -ca

rico -ca

(< gótico reiks ‘poderoso’)

  1. adx e s

    Que ou quen ten moitos cartos ou moitos bens.

    Ex: Tes un padriño ben rico. Os ricos viven na zona sur da cidade.

    Sinónimos: podente. Antónimos: pobre, pobre.
  2. adx Antónimos: pobre, pobre.
    1. Que posúe algo en abundancia.

      Ex: A laranxa é rica en vitamina C.

      Antónimos: pobre, pobre.
    2. Aplícase á terra cando é fértil ou ten abondosos recursos.

      Ex: A terra da Limia é rica en nutrientes.

      Antónimos: pobre, pobre.
  3. adx

    Que ten moito valor ou luxo.

    Ex: Ía vestida con ricos encaixes de Camariñas.

    Antónimos: pobre, pobre.
  4. adx

    Que ten un sabor agradable.

    Ex: A rosca estaba moi rica.

Frases feitas

  • Novo rico. Persoa que alcanzou subitamente a riqueza e fai ostentación dela.