úlcera
(< lat ulcĕra, pl deulcus, -ĕris)
-
s
f
[PAT]
Lesión superficial nun tecido orgánico con perda de substancia debida a un proceso necrótico, de escasa ou nula tendencia á cicatrización.
Sinónimos: chaga, lastra. Confrontacións: afta. -
úlcera crónica
[PAT]
Úlcera xeralmente indolente, de aspecto caloso, sen tecido de granulación do fondo.
-
úlcera de Curling
[PAT]
Úlcera gastro-duodenal secundaria en queimaduras extensas da pel.
-
úlcera diftérica
[PAT]
Úlcera cuberta cun exsudado pseudo-membranoso ou membrana diftérica.
-
úlcera gástrica/de estómago
[PAT]
Úlcera péptica localizada na mucosa gástrica, provocada pola acción da pepsina do zume gástrico.
-
úlcera péptica/gastroduodenal
Perda de substancia penetrante, de curso crónico e de evolución por brotes, das zonas do tubo dixestivo bañadas polo zume gástrico (estómago e bulbo duodenal). Na etioloxía desta enfermidade interveñen factores locais (como a isquemia) e constitucionais predispostos. Clinicamente maniféstase por epigastralxia, que se calma coa inxestión alimentaria e de álcalis. As principais complicacións da úlcera péptica, que pode ser gástrica ou duodenal, son a hemorraxia, a perforación e a estenose pilórica (na úlcera pilórica ou duodenal).
-
úlcera varicosa
[PAT]
Úlcera crónica das pernas que aparece como complicación das varices.