Urbán
Urbán
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do latín urbanus ‘cidadán, pertencente á cidade’, e posteriormente ‘educado, pulido’, en oposición a rusticus ‘campesiño, labrego’; de urbs ‘cidade, urbe’, voz de orixe prelatina. Tamén é posible que a relación co adxectivo ‘cidadán’ sexa por etimoloxía popular e que urbanus sexa unha transformación do xentilicio Urbanius, testemuñado en época clásica a carón de Urbinius e de orixe non romana.