Urbán II, san

Urbán II, san

(Châtillon-sur-Marne 1040? - Roma 29.7.1099) Papa (1088-1099). De nome Odón, foi prior de Cluny, bispo de Ostia e legado pontificio en Alemaña. Interveu na Querela das Investiduras e durante o Concilio de Clermont-Ferrand (1095), promoveu a Primeira Cruzada. Condenou a investidura laica, o nicolaísmo e a simonía. Excomungou a Enrique I de Francia e loitou contra o Emperador Enrique IV. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.

Palabras veciñas

Urbán | URBAN | Urbán I, san | Urbán II, san | Urbán III | Urbán IV | Urbán V