URBAN

URBAN

Iniciativa comunitaria financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Cohesión, co fin de fomentar a creación e a aplicación de modelos de desenvolvemento que contribúan á rexeneración económica e social de zonas urbanas en crise. A URBAN I (1994-1999) estaba dirixida aos barrios urbanos con grandes dificultades de illamento, precariedade e exclusión dos habitantes coa axuda de intervencións encamiñadas a mellorar o medio social e físico no seu conxunto. O éxito desta primeira iniciativa levou á súa renovación para o período 2000-2006 (URBAN II). A nova iniciativa tiña dous obxectivos fundamentais; estimular a elaboración e aplicación de estratexias innovadoras para a rexeneración económica e social das cidades, pequenas e medianas poboacións e barrios das grandes cidades en declive; e aumentar e intercambiar os coñecementos e as experiencias en relación coa rexeneración e o desenvolvemento urbano na UE.

Palabras veciñas

Urawa | Urayasu | Urbán | URBAN | Urbán I, san | Urbán II, san | Urbán III