Urbán I, san
Urbán I, san
(? s III) Papa (220-230), sucesor de Calisto I. Segundo o Liber Pontificalis, instituíu 25 títulos presbiterais. Iconograficamente representouse vestido de pontifical e leva un acio ou unha copa na man (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 25 de maio.