montaxe

montaxe

(< fr montage)

  1. s f

    Acción e efecto de montar.

  2. s f [IMAX]

    Operación de selección, ordenamento e empalme do material filmado para unha película.

    Ex: A película gañou un premio pola súa montaxe.

  3. s f [ESPECT]

    Posta en escena dunha obra de teatro.

    Ex: Encargáronse da montaxe da obra de Castelao.

  4. s f [IND/ARTE]

    Imaxe que se obtén a partir de diversas fotografías montadas e colocadas xuntas.

    Ex: Necesito dez fotografías para facer unha montaxe sobre o inverno.

  5. s f

    Acción preparada coa finalidade de enganar ou confundir.

    Ex: O da súa viaxe a Cuba foi unha montaxe.

  6. s f [QUÍM/TECNOL]
    1. Conxunto de diversas pezas, adaptadores ou compoñentes, que se atopan encaixados convenientemente co fin de obter un aparato ou unha instalación, especialmente para facer probas nun laboratorio.

    2. Maneira de encaixar as pezas dunha montaxe.

  7. montaxe en seco [IMAX]

    Técnica que permite montar adhesivos con aparencia de papel tisú, que funden a unha temperatura entre 80° e 90°C. Deste xeito, únense permanentemente a copia e mais o soporte.

Palabras veciñas

Montarsolo, Paolo | Montauban | Montaverner | montaxe | montazgo* | Montblanc | Montcada