montazgo*

montazgo*
s m [HIST]

Tributo que desde a Idade Media pagaban os gandeiros de Castela polo usufruto dos bosques, montes e prados dos dominios da propiedade ou xurisdición do rei. A partir de 1343, a fusión de todos os montazgos locais co servizo de gandos deu lugar a un novo tributo, chamado de servizo y montazgo, que foi suprimido a comezos do s XVII coa creación do servicio de millones.

Palabras veciñas

Montauban | Montaverner | montaxe | montazgo* | Montblanc | Montcada | Montcada i Reixac