beber

beber

(< lat bībĕre)

  1. v t

    Engulir un líquido e facer que pase da boca ao estómago.

    Ex: Bebeu un pouco de leite. 

  2. v t

    Absorber un líquido.

    Ex: O papel secante bebe a tinta. 

  3. v i

    Tomar bebidas alcohólicas en gran cantidade.

    Ex: Despois de beber non se pode conducir. 

  4. v i

    Obter datos dunha determinada fonte (texto, persoa, documento, etc).OBS: Utilízase seguido das preposicións de ou en.

    Ex: Ferrín no Rei Artur bebeu dalgúns dos mitos da materia de Bretaña. Ese escritor bebeu nos clásicos. 

    Sinónimos: brindar.

Frases feitas

  • Beber á bitola/de chope. Beber deixando caer o chorro desde certa altura.

  • Beber a galupos/gulapos. Beber aos poucos ou espaciadamente.

  • Beber a pote. Beber en gran cantidade.

  • Beber a chorro. Beber sen interrupción deixando que caia o líquido desde o alto.

  • Beber a morro Beber pondo os beizos no punto de onde mana o líquido (o bico do porrón, o orificio da botella, etc).

  • Beber á saúde de alguén. Beber dúas ou máis persoas á vez despois dun choque de copas (como proba de amizade, polo bo logro, en sinal de bo desexo, etc). SIN: brindar. Ex: Propuxo beber á saúde dos noivos.

  • Beber a saúde de alguén. Facer que alguén traballe moito.

  • Beber ao garete. Beber por unha palla que atravesa a rolla da boca dun barril.

  • Beber aos bocós. Beber con tragos grandes, enchendo a boca.

  • Beber bágoas. Chorar afectadamente.

  • Beber como as vacas na carrada/como un boi. Beber moito.

  • Beber en pingotas. Beber pinga a pinga.

  • Beber máis da conta. Emborracharse.

  • Beber os aires/os ventos por alguén. Estar namorado.

  • Beber os pensamentos de alguén. Preverllos.

  • Beber traballos. Ter mala fortuna.

  • Beber un goto/unha gurrispa/ unha pinga. Beber moi pouca cantidade.

  • Beberlle a alguén os sangumiños. Deixalo sen diñeiro.

  • Beberlle o sangue (a alguén). Desexar vingarse desa persoa ou realizar unha vinganza.

  • Como beber con uvas. Dise cando non gosta algunha cousa.

  • Non gañar a auga que bebe. Recibir un salario moi baixo.

  • Sacar o paxaro a beber. Ouriñar.

  • Sen comelo nin bebelo. Sen ter a culpa de nada.

Palabras veciñas

Bebel, August | Bebel, Henrich | beber | beber | beberaxe | Bebeto | bebible
Conxugar
VERBO beber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebo
bebes
bebe
bebemos
bebedes
beben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebía
bebías
bebía
bebiamos
bebiades
bebían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebín
bebiches
bebeu
bebemos
bebestes
beberon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebera
beberas
bebera
beberamos
beberades
beberan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
beberei
beberás
beberá
beberemos
beberedes
beberán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebería
beberías
bebería
beberiamos
beberiades
beberían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
beba
bebas
beba
bebamos
bebades
beban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bebese
bebeses
bebese
bebesemos
bebesedes
bebesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
beber
beberes
beber
bebermos
beberdes
beberen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bebe
-
-
bebede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
beber
beberes
beber
bebermos
beberdes
beberen
Xerundio bebendo
Participio bebido
bebida
bebidos
bebidas