beber
(
-
Bebida composta de varios ingredientes de sabor e aspecto desagradable.
Ex: Máis que unha sopa, isto parece unha beberaxe.
-
v t
Engulir un líquido e facer que pase da boca ao estómago.
Ex: Bebeu un pouco de leite.
-
v t
Absorber un líquido.
Ex: O papel secante bebe a tinta.
-
v i
Tomar bebidas alcohólicas en gran cantidade.
Ex: Despois de beber non se pode conducir.
-
v i
Obter datos dunha determinada fonte (texto, persoa, documento, etc). OBS: Utilízase seguido das preposicións de ou en.
Ex: Ferrín no Rei Artur bebeu dalgúns dos mitos da materia de Bretaña. Ese escritor bebeu nos clásicos.
Sinónimos
Confrontacións
bebedizo, pociónCitas
- Máis que unha sopa, isto parece unha beberaxe.
Frases feitas
-
Beber á bitola/de chope. Beber deixando caer o chorro desde certa altura.
-
Beber a galupos/gulapos. Beber aos poucos ou espaciadamente.
-
Beber a pote. Beber en gran cantidade.
-
Beber a chorro. Beber sen interrupción deixando que caia o líquido desde o alto.
-
Beber a morro Beber pondo os beizos no punto de onde mana o líquido (o bico do porrón, o orificio da botella, etc).
-
Beber á saúde de alguén. Beber dúas ou máis persoas á vez despois dun choque de copas (como proba de amizade, polo bo logro, en sinal de bo desexo, etc). SIN: brindar. Ex: Propuxo beber á saúde dos noivos.
-
Beber a saúde de alguén. Facer que alguén traballe moito.
-
Beber ao garete. Beber por unha palla que atravesa a rolla da boca dun barril.
-
Beber aos bocós. Beber con tragos grandes, enchendo a boca.
-
Beber bágoas. Chorar afectadamente.
-
Beber como as vacas na carrada/como un boi. Beber moito.
-
Beber en pingotas. Beber pinga a pinga.
-
Beber máis da conta. Emborracharse.
-
Beber os aires/os ventos por alguén. Estar namorado.
-
Beber os pensamentos de alguén. Preverllos.
-
Beber traballos. Ter mala fortuna.
-
Beber un goto/unha gurrispa/ unha pinga. Beber moi pouca cantidade.
-
Beberlle a alguén os sangumiños. Deixalo sen diñeiro.
-
Beberlle o sangue (a alguén). Desexar vingarse desa persoa ou realizar unha vinganza.
-
Como beber con uvas. Dise cando non gosta algunha cousa.
-
Non gañar a auga que bebe. Recibir un salario moi baixo.
-
Sacar o paxaro a beber. Ouriñar.
-
Sen comelo nin bebelo. Sen ter a culpa de nada.
Refráns
- A auga polo río abaixo vaia e pola gorxa non caia.
- A auga que deres ao teu señor non a mires ao sol.
- A ben comer ou mal comer, tres veces beber.
- A ben comer, beber hai que beber.
- A bo bocado, bo berro e bo xerro.
- A bo comer ou mal comer, tres veces beber.
- A bocado forte, trago de viño.
- A muller que o seu home queira ter gordiño, despois que coma o caldo, déalle un gotiño.
- A pouca comida, pouca bebida.
- A pouco viña ¡coidadiño!
- A pouco viña, pequeno traguiño.
- Auga ao figo e á pera viño.
- Auga bebas con figos e brevas.
- Auga fría e pan quente nunca fixeron ventre.
- Auga para os peixes, para os homes viño á feixes.
- Bebe despois do caldo e rite do "cirurxiano".
- Beber bo viño faino todo veciño; o que é malo, é beber viño malo.
- Beber e comer bo pasatempo é.
- Beber sen comer é cegar e non ver.
- Bebín auga porque non houbo auga; que, se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera.
- Bota viña e beberemos, xa que viña temas.
- Bótamo todo en viña e non en liño.
- Cando empeces a comer, acórdate de beber e non te acordes de comer.
- Cando está seca a garganta, non cría nin canta.
- Co caldiño bebe sempre un gotiño.
- Comer e non beber é coma cegar e non ver.
- Con brevas viño bebas; e con figos, auga e viño.
- Con caracois, figos e brevas, auga non bebas; pero o viño sexa tanto, que todo o que comas ande nadando.
- Con figos bebe auga ou viño.
- Con figos e brevas auga bebas.
- Con peras viño bebas e tanto sexa o viño que naden as peras.
- Con peras viño bebas.
- Con peras viño bebas; mais non sexa tanto o viño que afoguen as peras.
- Dáme o viña cando quixeres; mais despois do caldo non mo negues.
- Dixo o viño moi campante: No corpo do home son va/ente e voante e dixo o pan:.., se eu vou diante.
- Díxolle o touciño ao viño: ¡Ben veñades, meu amigo!
- É boa desgracia non ter para viño e ter que beber auga.
- Enriba de brevas auga non bebas.
- Enriba de brevas nunca bebas.
- Eu non son digno de bebe-la auga sen viño.
- Máis val.e beber que cuspir.
- Non almorces sen viña nin andes moito camiño.
- Non atoldes a auga que teñas que beber.
- Non hai ruÍn viña con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- O beber mata axiña a sede.
- O beber quere comer.
- O lacón e ao touciño, tragos de viña.
- Ó que bebe pola cabaza non se lle saben os tragos que pasa.
- O que despois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
- O que vai á adega e non bebe, iso máis perde.
- O viño polo xerro é como mellor o quero.
- Ós figos, se son verdes, hai que darlles viña.
- Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada.
- Por cada bocadiño, un neto de viña.
- Que chova, que neve, o que ten sede bebe.
- Que chova, que neve, quen ten sede, bebe.
- Que chova, que xíe, dálle auga ao corpo, cando a sede a pide.
- Se a cunca é capaz e o viño é ricaz, comamos e bebamos e teremos a festa en paz.
- Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao "cirurxiano".
- Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes.
- Sen beber non se debe comer.
- Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai ao home forte e valente.
- Vexa eu a auga, inda que sexa atoldada.
- ¡Comamos, bebamos e runflemos, que, ao cabo, que morrer temos!
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebo
bebes
bebe
bebemos
bebedes
beben
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebía
bebías
bebía
bebiamos
bebiades
bebían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebín
bebiches
bebeu
bebemos
bebestes
beberon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebera
beberas
bebera
beberamos
beberades
beberan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles beberei
beberás
beberá
beberemos
beberedes
beberán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebería
beberías
bebería
beberiamos
beberiades
beberían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles beba
bebas
beba
bebamos
bebades
beban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bebese
bebeses
bebese
bebesemos
bebesedes
bebesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles beber
beberes
beber
bebermos
beberdes
beberen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
bebe
-
-
bebede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles beber
beberes
beber
bebermos
beberdes
beberen
bebida
bebidos
bebidas